Lugo, a 14 de abril de 2008.- O voceiro do Grupo Provinvial do PP, José Manuel Barreiro, acompañado polo voceiro adxunto, José María González Barcia, manifestou hoxe en rolda de prensa que o retraso na aprobación do novo regulamento orgánico da corporación provincial é realmente preocupante, tendo en conta que foi unha das grandes promesas de Gómez Besteiro.
Segundo Barreiro, o GPPP recibiu copia do indicado documento hai seis meses, e ata agora ningún responsable político da Deputación se puxo en contacto cos populares para valorar, estudiar ou negociar modificacións.
Barreiro asegurou que esta situación é preocupante poque unha vez máis o equipo de goberno di unha cousa e fai outra. “Aseguraban daquela que este regulamento era unha cuestión fundamental para eles, sen embargo, dende a entrega do documento, a pasado mes de novembro, non voltaron a referirese o asunto. O que demostra”, o seu entender, “que non teñen interese real en sacalo adiante porque, si así fora, xa estaría zanxado”.
![]() |
Os representantes do GPPP tamén manifestaron que hai cuestións incluidas no documento que fan que non sexa creible aquel supuso interese. Segundo recalcou Barreiro, a exposición de motivos é inaceptable, xa que se adica fundamentalmente a facer un relatorio de lexislación e sobre todo, e eso é o máis grave, suliñou, “a criticar todo o feito na etapa anterior e a loubar ampliamente ó novo goberno”.
Os popualres tamén salientaron que no que se refire ó réxime de sesións inclúense moi poucos cambios con respecto ó existente. “Unha contradicción máis no proceder do bigoberno porque agora resulta que o que antes criticaban con tanto afán (como o excesivo protagonismo que, segundo eles, asumía o Presidente), resulta que é bon”.
Para Barreiro, que este asunto esté paralizado é un novo exemplo da falta de xestión e de traballo dos actuais responsables da Administración provincial. Tamén fixo referencia a que sería importante coñecer o parecer do BNG, que, ata o momento, non se posicionou, cando menos públicamente, sobre este asunto.