Partido Popular de Lugo

O GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR AFIRMA QUE BESTEIRO NON SE COMPROMETE COS CONCELLOS

Lugo, a 13 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do PP afirmou hoxe que Gómez Besteiro non tén compromiso cos concellos xa que, segundo indican os popualres, hai alcaldes que levan meses agardando a ser recibidos polo presidente da Deputación.

 

 

Para o GPPP, Besteiro está a usar a Deputación con fins claramente personalistas, buscando o seu beneficio particular, tentando medrar dentro do seu partido; e por extensión, estase a tratar con claro favoritismo ós concellos vinculados cos socialistas.

 

 

González Barcia considera que Besteiro debería correxir a súa actuación nun doble sentido. Por unha banda, para demostrar que non mentiu cando falou de trato equitativo para todos; e por outra, deixarn patente que unha das súas virtudes é o traballo, adicándolle máis tempo á Deputación e ós cidadáns desta provincia, que se merecen bastante máis do que está a facer.

 

 

O PP puxo como exemplo o caso do parque de bombeiros de Monforte. O voceiro popular adxunto manifestou que non é de recibo que se retrase a visita de Besteiro a Monforte para solventar un asunto que afecta directamente á seguridade dos cidadáns dese concello, e que o Presidente da Deputación semella que aplazou para viaxar a Madrid, asistir á investidura de Zapatero e rendirlle así pleitesía a José Blanco.

 

 

Os veciños de Monforte teñen razón en estar cabreados con responsable da Administración provincial por non comprometerse a solucionar o problema, e co alcalde, que tén os camións sen pasar a ITV e un servicio máis que deficiente que se salva gracias ós seus profesionais.

 

 

Agora, indicou o GPPP, é de agardar unha visita mediática a Monforte que xa veremos para que serve. O lóxico, ó entender dos populares, sería que nela se manifestase un compromiso que temporalice a comarcalización dos bombeiros de Monforte, e no que se cuantifique a aportación da Deputación para telo operativo, así como marcar os prazos dos investimentos que será preciso realizar.

 

 

“Se así se fai, o PP apoiará as decisións que se tomen, pero moito nos tememos que este asunto serva para manter viva a guerra entre o PSOE e o BNG na Deputación e no Concello de Monforte, co resultado de que os que salen perxudicados son as veciñas e os veciños de Monforte e da súa comarca”, engaden os populares.