Partido Popular de Lugo

O PP ABANDOARÁ A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE INFRAESTRUCTURAS ANTE O DESINTERESE DA XUNTA POR REMATAR O PORTO SECO

Monforte, a 12 de abril de 2008.- O Partido Popular  de Monforte  abandoará a comisión de seguimento de infraestructuras  ante o que consideran “tomadura de pelo” por parte  do  BNG e o PSOE, tanto a nivel municipal como autonómico.

 

A gota que colmou o vaso  son as declaracións que fixo o martes a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, con respecto ao Porto Seco, afirmando que a culpa de que non se den os pasos definitivos para a súa posta en marcha é de Política Territorial.

 

Dende o  Partido Popular estase de acordo en que se firme o convenio co Concello para rehabilitar a Compañía e dar pasos para a rehabilitación do edificio do antiguo Hotel Comercio. Incluso lle perdoamos a ilegalidade feita co edificio do Malvarón de entregar as vivendas sen entrar en funcionamento o ascensor, amén de outras irregularidades…, pero parécenos imperdoable que o BNG  e a conselleira Táboas sega a xogar  co Porto Seco, que é  a obra máis importante para o desenvolvemento da actividade económica  de Monforte.

Para o Partido Popular  ámbolos dous partidos, PSOE e BNG, son responsables por igual desta paralización, aínda que segundo manifestou o deputado e concelleiro Tomé Roca a culpa é de todas menos dos socialistas.

 

Os populares monfortinos afirman que o Sr. Tomé xa demostrou o pouco que lle interesa esta obra e o conxunto das infraestructuras para  Monforte negándose a participar dende o primeiro momento na comisión de seguimento.

 

Para  o PP, este comportamento non é novo, tal como vimos denunciando reiteradamente tanto no concello como no Parlamento Galego; e tamén lle advertimos no seu momento  aos empresarios que non creeran que en xaneiro de 2008 estaría firmado o convenio.

 

 Desgraciadamente o tempo deunos a razón e o traballo feito polos empresarios, que sí apostaron por esta infraestructura,   forzando reunións e tratando de atar compromisos non serviu de nada.  Eles fóron os que mantiveron viva a chama, pois se sólo fóra unha obra nosa xa estaría apagada.

 

Levamos tres anos co proxecto metido nun caixón, e negando todo o realizado, ata retomar o iniciado polo PP, porque se queira ou non recoñecer, o que hai feito, sexa moito ou pouco, é a primeira fase, e fíxoa o Partido Popular.

 

Que non se creía neste proxecto por parte do BNG e PSOE demóstrao o que se encargase un estudio da súa viavilidade, e aquelas manifestacións o 18 de xullo de 2006 do Conselleiro de Industria Fernando Blanco, e que aínda non estaba valorado, se o porto seco era viable ou non.

 

No mes de xuño do mesmo ano Touriño dicía que sí, que xa estaban todos os estudos feitos (esto dicíao coa boca pequena). Neste tempo deixáronse perder os compromisos habidos con Fomento e con Portos de Galicia. A día de hoxe non figura nos proxectos do Estado (como ben recollestes os medios naquel mapa que publicastes). Non aparece no PEIT.

 

Todos recordarán as iniciativas que se levaron a cabo no Parlamento de Galicia nos meses de novembro e decembro de 2007 para que os orzamentos reflexaran o que acordáramos todos pactando o 28 de decembro de 2006 unha proposición non de lei na que se acordaba dotar dos fondos necesarios para no 2008 rematar, e logo o 14 de febreiro de 2007,votando ese acordo por unanimidade.

 

Pero…¿De que vale todo iso? Para encher follas de periódicos, horas de radio e TV, propagandas para uns e outros, unhas veces acusándose os socios e outras xuntándose contra nós cando faciamos iniciativas para que se cumpliran os compromisos acadados por todos. Acórdense das negativas na interpelación  na PNL, na moción, nas enmendas, orzamentos e, en fin, en todos os puntos que lle anunciaban á comisión.

 

En canto a Teresa Táboas,  hai que ver o atrevemento desta señora: dicir que cando remate a lexislatura estará rematada a obra. ¿E se o Sr. Touriño adianta as eleccións? Pero que máis lle dá, se pensa que aquí tragamos con todo…

 

Imos recordar o dito, que está escrito dos dous últimos anos. Non todo, solo algo:

 

· 24-1-06  La Xunta dispondrá en Febrero de los terrenos para el Puerto Seco.

 

· 31-3-06  El alcalde conseguirá de la Xunta que la sociedad gestora del Puerto seco sea creada este año.

 

· 3-4-06     El alcalde exigirá a la Xunta fondos suficientes para el Puerto Seco en 2007.

 

· 7-4-06    El alcalde pedirá en Santiago el respaldo político para el 2007

 

· 18-4-06  Fernando Blanco (conselleiro) dice que la Xunta debe valorar si el Puerto Seco es viable.

 

· 6-05-06 Touriño eiquí en Monforte garantizabaa súa execución e que xa estaban feitos tódolos estudios. Bueno, tamén era garante do Plan Galicia e xa vedes…

 

· 20-6-06  La conselleira de Política Territorial promete dar prioridad al Puerto Seco.

 

· 6-7-06  Quintana garantizaba al alcalde los fondos necesarios para el 2007.

 

· 19-7-06  En plena subasta, Touriño dice que duplicará todos los fondos para Monforte en el Plan de Reequilibrio Territorial.

 

· 5-9-06  El Director Xeral de Transportes promete apoyo para abrir 30 hectáreas del Puerto Seco.

 

· 21-9-06  Docasar propone al CES que pida una audiencia a Touriño para arreglar el tema del Puerto Seco.

 

· 3-10-06  El alcalde dice que el presupuesto del gobierno de la Xunta hace inviable el Puerto Seco.

 

· 6-10-06  Las disputas del gobierno local de Monforte provocan incertidumbresobre el Puerto Seco.

 

· 23-10-06 Política Territorial anuncia 6 millones de euros para el 2008.

 

· 3-11-06  Vivienda hará la urbanización antes de acabar el 2007.

 

· 4-11-06  Quintana afirma que el Puerto Seco vertebrará Galicia.

 

· 23-12-06 El ayuntamiento quiere a la Xunta y ADIF en el ente director del Puerto Seco.

 

· 28-12-06 Los grupos parlamentarios pactan una PNL para el pronto remate del Puerto Seco con los fondos que se precisen.

 

· 28-1-07  La Directora Xeral de Transportes que no estuvo en la última reunión con la comisión de seguimiento viene a comprometerse a impulsar el Puerto Seco.

 

· 29-1-07  La CEL exige fechas ( no se las dieron)

 

· 15-2-07  Unanimidad en el Parlamento para impulsar el Puero Seco.

 

· 2-5-07    Política Territorial va asignar 10 millones de euros para los accesos en los presupuestos del 2008.

 

· 11-5-07  Tomé anuncia empresas para el Puerto Seco.

 

· 23-10-07 La comisión de infraestructuras pregunta en las dos Consellerías por la 2ª fase del Puerto Seco.

 

· 25-10-07  Las reuniones don Política Territorial de la comisión se quedan en el aire.

 

· 30-10-07 El Puerto Seco agoniza al incumplirse plazos e inversiones (para el estado ni existe, no está en el PEIT)

 

· 5-11-07  Tomé trata de culpar al PP del retraso.

 

· 9-11-07  Caride no tranquiliza al alcalde.

 

· 15-11-07 La Xunta promete acelerar trámites y buscar empresas para el Puerto Seco.

 

· 20-11-07 El PSOE afirma que el presupuesto para el Puerto Seco saldrá de partidas genéricas.

 

A todo esto la CEL decía el 31-10-07 “Monforte se movilizará si ve que esto no cambia”.