Partido Popular de Lugo

O PP CRITICA A FALTA DE INTERESE DO ALCALDE DE LUGO E DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DE SANIDADE POR SOLUCIONAR O PROBLEMA DO SAGRADO CORAZÓN

Lugo, a 11 de abril de 2008.- O deputado popular Dámaso López, xunto coa concelleira Sofía López Linares, criticou hoxe en rolda de prensa as graves deficiencias que presenta o centro de saúde do Sagrado Corazón e que o pasado mércores quedou novamente de manifesto ó anegarse como consecuencia da obstrucción dunha tubería.

Unha situación da que non dubidou en responsabilizar ó alcalde de Lugo e ós actuais responsables de Sanidade porque ninguén fixo nada por intentar solucionar un problema que xa ven de vello.

 

López Rodríguez lembrou que o pasado mes de outubro presentou unha Proposición Non de Lei para o seu debate en Comisión na que solicitaba ó Parlamento de Galicia que instara á Xunta a levar a cabo as xestións necesarias para comenzar a construcción dun novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón na cidade de Lugo e que, para tal fin, se dirixira ó Concello de Lugo para que éste cedera os terreos necesarios para a súa construcción.

 

 

O deputado popular indicou que na súa proposta xa lembraba a promesa realizada polo anterior goberno da Xunta de Galicia de levar a cabo a construcción deste centro de saúde, que presta servicio a un importante número de pacientes da cidade de Lugo. Os daquela responsables da Consellería de Sanidade tomaran a decisión de construir un novo centro que estivese en disposición de cubrir a importante e crecente demanda que se está a rexistrar na súa zona de influencia, garantindo así un servicio de calidade para tódolos lucenses.

 

O proxecto, ata este intre, sen embargo, non chegou a levarse a cabo e dende a chegada do bigoberno á Xunta, segundo salienta Dámaso López no argumentario da súa PNL e do que deu conta na súa comparecencia de hoxe, “non temos noticia de que se teña producido ningún avance para convertilo en realidade, algo que demandan ós lucenses e que é moi necesario para garantir a prestación dun servicio de calidade”.

Dámaso López remontouse no tempo e fixo tamén referencia a que durante a súa etapa como Delegado de Sanidade, entre o 2001 e 2005, mantivo oito reunións co alcalde de Lugo, Sr. Orozco, para precisamente buscar a ubicación idónea para o novo centro sanitario. Unha busca que, segundo salientou, en ocasións fíxose sobre plano e en outras sobre o terreo e nas que incluso, nalgúns casos, participaron técnicos da Consellería de Sanidade, a Directora provincial do Sergas Eugenia Lázare e incluso representantes veciñais que estaban moi interesados no tema.

Pero todos estes encontros, segundo explicou Dámaso López, non chegaron, como é evidente, a fructificar porque o alcalde de Lugo, unhas veces por unha cousa e outras por outra, nunca atopou o terreo axeitado para albergar o centro.

Dámaso López remontouse no tempo e fixo tamén referencia a que durante a súa etapa como Delegado de Sanidade, entre o 2001 e 2005, mantivo oito reunións co alcalde de Lugo, Sr. Orozco, para precisamente buscar a ubicación idónea para o novo centro sanitario. Unha busca que, segundo salientou, en ocasións fíxose sobre plano e en outras sobre o terreo e nas que incluso, nalgúns casos, participaron técnicos da Consellería de Sanidade, a Directora provincial do Sergas Eugenia Lázare e incluso representantes veciñais que estaban moi interesados no tema. Pero todos estes encontros, segundo explicou Dámaso López, non chegaron, como é evidente, a fructificar porque o alcalde de Lugo, unhas veces por unha cousa e outras por outra, nunca atopou o terreo axeitado para albergar o centro.

 

Lembrou ademais que cando tomou posesión o actual delegado de Sanidade Miguel Ángel Rodríguez, dado que él era traballador deste centro sanitario e, polo tanto, perfecto conocedor da súa situación, indicoulle en reiteradas ocasións que agardaba que solucionaría este problema con toda a celeridade posible. Algo que, evidentemente, non fixo.

 

Con este antecedentes, ó entender do deputado popular, resulta algo hipócrita que o director provincial do Sergas, José Luis Rodríguez, anuncie agora que vai a manter unha reunión urxente co alcalde para proceder á construcción do novo centro do Sagrado Corazón porque, recalcou López Rodríguez, tiveron moito tempo para ter solucionado este asunto.   

O deputado popular tamén criticou que o BNG se dé agora presa por presentar unha iniciativa no Parlamento para interesarse por este asunto tendo en conta que o seu partido forma parte do Goberno da Xunta e coñece a iniciativa presentada polo PP.

Pola súa banda a concelleira do GMPP Sofía López Linares interesouse polas condicións de salubridade nas que está o centro sanitario, e puntualizou que a de antonte foi a sétima ocasión na que se inunda o local do Centro de Saúde do Sagrado Corazón. O día do suceso os profesionais traballaron nunhas condicións pouco hixiénicas e pasaron consulta sobre o parqué con augas residuais; a última hora de onte se arrincou o este pavimento quedando o terrazo orixinal á vista.

 

A concelleira popular detallou outras deficiencias do local: non hai espacio físico para traballadores (trabajadora social e farmacéutico comparten despacho, o que dificulta as consultas); con respecto ás barreiras arquitectónicas, de cinco consultas catro teñen escaleiras; teñen problemas a diario de malos olores; no falso teito hai ratas; as consultas están divididas por paneis (non hai confidencialidade); os pacientes  nalgunas consultas teñen que esperar no pasillo. A sala de xuntas e o almacén carecen de ventilación, (non teñen nin ventá nin respiradoiro), os cativos que van á consulta de Pediatría comparten sala con outros pacientes, sen dispoñer dun espacio propio tal e como se recomenda.

 

Sofía López Linares amousou o seu convencemento de que “se a Sanidade non fose da mesma cor política que os responsables do Sergas, ou se o caso se dese nun negocio particular as autoridades competentes pecharían sen ningún tipo de dúbida o local”.

 

É incomprensible que despois de tanta promesa, Orozco e o seu equipo  permita  que os veciños asignados ó Centro de Saúde do Sagrado Corazón carezan dun servizo moderno e de calidade pola demora na cesión de terreos, por parte do concello, para construir unhas novas dependencias.