Partido Popular de Lugo

O GPPP ESÍXELLE A BESTEIRO QUE INSTE O SEU DELEGADO DE OBRAS A QUE SE DISCULPE ANTE O ALCALDE DE BARREIROS

Lugo, a 11 de abril de 2008.-  O Grupo Provincial do Partido Popular considera “imprescindible que o deputado-delegado de Obras da Deputación se disculpe de xeito inmediato e público co alcalde de Barreiros”, ó tempo que esixe ó Presidente do organismo provincial que exerza a súa autoridade e, tamén de maneira pública e fulminante, lle pida explicacións sobre o seu comportamento e, sobre todo, desautorice o seu proceder.

 

Os populares aseguran estar perplexos ante o conflicto creado polo Sr. Martínez co alcalde de Barreiros. Unha situación que, segundo recalcaron, non é a primeira vez que se produce. “As continuas saídas de tono do deputado-delegado de Obras están poñendo en entredido o talante da Deputación da que presume tanto o seu Presidente”. 

 

Neste senso, o GPPP, segundo salientou hoxe o seu voceiro adxunto José María González Barcia, recoméndalle ó Sr. Besteiro

 

“amordazar” ó seu compañeiro para evitar así que os problemas, cada vez que está el polo medio, se multipliquen.

 

“A actitude do deputado-delegado de Obras é inexplicable e inxustificable, e parece responder máis ó comportamento dunha persoa frustrada, aínda enrabietada e moi doida porque o seu partido non optara por el para presidir a institución da que forma parte, que de alguén que ten responsabilidades de goberno. Non é de recibo que a súa venganza persoal contra o seu propio partido, facendo o que lle da a gana na súa área de competencia, a teñan que pagar os concellos”.

 

Para o GPPP, Besteiro non pode permitir que un deputado provincial trate así a un alcalde, sexa do partido que sexa, porque, ante todo e por riba de calquera diferencia ideolóxica, está o respeto institucional. “Ten que poñerlle coto ó seu compañeiro  dunha vez por todas e como lle estamos a solicitar repetidamente, e facer uso da autoridade que se lle presupón como presidente dunha institución”, engade Barcia.

 

O voceiro adxunto do grupo popular especula, como única explicación ó silencio do Presidente provincial, “que se deba a que ten medo a que, se mete en cintura a Martínez, se rompa o, xa de por si, fráxil equilibrio existente no seo do propio grupo socialista provincial”.

 

Os populares, segundo salientou González Barcia, aseguran ademais que o Sr. Martínez “minte descaradamente” cando asegura categóricamente que só o Concello de Foz o informou da situación na que se atopaban as estradas provinciais como consecuencias das choivas.

 

“Esquece intencionadamente que o de Barreiros lle enviou alomenos tres fax, ás 09:46, ás 11:11 e ás 13:03 horas do pasado día 9, para precisamente informalo do estado das estradas con motivo das precipitacións dos últimos días”, explicou Barcia.

 

“E por riba”, engade, “presenta unha denuncia contra o propio concello polo roubo de dúas sinais. Martínez compórtase como calquera cousa que un poida imaxinar menos coma un deputado provincial que se precie de dialogar cos concellos”.