Partido Popular de Lugo

PSOE e BNG RESPALDAN COS SEUS VOTOS O DESMANTELAMENTO DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA, QUE ATENDE A 5.000 FAMILIAS GALEGAS CON NENOS PEQUENOS

Santiago, 10 de abril  de 2008.- Os deputados do PSOE e do BNG na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia rexeitaron hoxe unha proposta coa que o PPdeG reclamaba o mantemento do programa Preescolar na Casa, que a Consellería de Educación está desmantelar desde hai dous anos, malia que atente a 5.000 familias galegas, con nenos de entre cero e seis anos, asentadas, maioritariamente no medio rural.

 

 

A portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, denunciou que a consellería do ramo retirou, nos dous últimos cursos a 9 dos 17 profesores que traballan en Preescolar na Casa e advertiu que, de manterse esa actitude, o programa acabará desaparecendo a curto prazo.

 

 

Subliñou a deputada popular que os  pais e profesores afectados polo recorte están preocupados ante o risco de supresión deste programa, nacido hai 31 anos para suplir as carencias da educación infantil no medio rural, pero que na actualidade desenvolve tamén outras actividades, como a de escola de pais.

 

 

López Besteiro cuestionou o “sectarismo” que caracteriza as actitudes dos socios do Goberno bipartito e que se escenifica en actitudes como o rexeitamento dunha proposta de apoio a Preescolar na Casa, ao tempo que puxo de manifesto que nos case tres anos transcorridos desde o cambio de Goberno, a conselleira de Educación aínda non se reuniu coas afectados.