Lugo, a 10 de abril de 2008.- O Partido Popular, por boca do voceiro do Grupo Provincial Popular José Manuel Barreiro, do tamén deputado provincial José María González Barcia, e do deputado autonómico José Manuel Balseiro, califica de “tomadura de pelo” e de “pouco serios” os anuncios realizados polo presidente da Xunta de Galicia durante o seu recente periplo polas comarcas da Montaña Lucense.
En primeiro lugar, segundo indicaron hoxe en rolda de prensa os tres representantes populares, corresponde lembrarlle o Sr. Touriño que nos seus orzamentos non existe ningunha partida específica asignada ó Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia (PRTG) 2007-2010 e que, ademais, ningún dos concellos das comarcas de Quiroga e dos Ancares figuran como núcleos dinamizadores. É dicir, que ningún dos municipios destas comarcas mereceron a consideración de municipio dinamizador por parte do Goberno da Xunta. Directamente optaron por eliminar da lista de concellos con capacidade de atracción comercial e laboral ós 9 municipios que integran esta zona de montaña.
![]() |
No primeiro programa de reequilibrio elaborado polo bigoberno no ano 2006, nin sequera determinaron dentro da propia provincia de Lugo como zona de reequilibrio a estas dúas comarcas, recalcaron os populares.
É máis, na zona que teóricamente precisa máis atención de toda a provincia, que sería a zona centro-sur, só aparecen dous concellos dinamizadores: Sarria e Monforte; mentres que na zona norte establécense cinco.
Neste senso os líderes populares incidiron en que claramente a zona da provincia que máis require ser obxecto prioritario nun plan de reequilibrio é a Montaña Lucense, pero prodúcese a paradoxa de que mentres nesta zona ningún municipio é considerado como tal, na Mariña, a comarca con máis potencial económico de Lugo, catro concellos (Viveiro, Foz, Burela e Ribadeo) son calificados como núcleos dinamizadores.
PROXECTOS HERDADOS.- En segundo lugar, os representantes populares recalcaron que tanto a estrada LU-651 Folgoso-Quiroga como a estación biolóxica do Courel, son proxectos do Goberno da Xunta do Partido Popular. Na estrada Folgoso-Quiroga, por tanto, o Sr. Touriño poucos tantos se pode apuntar porque é unha obra que xa deixou adxudicada o Partido Popular.
No que respecta ós investimentos anunciados, o Partido Popular recibe con satisfacción o incremento do investimento por habitante con respecto á media galega ó que fixo referencia durante a súa visita o Presidente da Xunta, ainda que, na súa opinión, esqueceu explicar de ónde sacará esa partida extra.
Si realmente existe o Plan de Reequilibrio Territorial, terá que retraelo doutros concellos, e senón é así, debería explicar de qué outra partida dos presupostos da Xunta 2008 os vai a coller, salientaron dende o PP.
CONTRADICCIONS.- O anuncio destas inversións “extra” contrasta coa reducción do 12 por cento do investimento previsto pola Xunta no 2008 con respecto ó 2007 para esta zona, nos que ademais os concellos de Cervantes e Pedrafita nin sequera figuran.
Os orzamentos da Xunta para este ano tamén recortan sustancialmente o gasto previsto para a estrada Meira-Baleira e a de A Fonsagrada co límite de Asturias con respecto as previsións establecidas nas contas do 2007, e eso pese a que ambas si están incluidas no Plan de Reequilibrio Territorial. Sen embargo agora o Presidente Touriño, din os populares, alardea dos cartos asignados a elas.
O PP tamén salientou que o Goberno da Xunta presentou o PRTG sen preocuparse en consultar cos concellos ou coas deputacións provinciais. Neste contexto, os populares lembraron que o GPPP presentou unha moción na Deputación de Lugo pedindo, precisamente, que se tivera en conta ós municipios á hora de decidir qué infraestructuras ían incluirse nese plan. Una iniciativa que, segundo recalcaron, foi rexeitada polo PSOE e o BNG.
A actitude do Goberno da Xunta á hora de establecer as liñas prioritarias deste plan (concellos beneficiados, accións a levar a cabo e orzamentos previstos) sin contar con ninguén, pon de manifesto, ó entender dos populares, que non lle interesa resolver os problemas reais dos lucenses.