Lugo, a 9 de abril de 2008.- Deputados provinciais e concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular tíñanse comprometido cos veciños afectados a revisar o expedente para o acondicionamento e ensanchamento dos 13 quilómetros da estrada que comunica San Xoán do Alto coa parroquia de San Pedro de Mera, que depende da Deputación.
![]() |
O voceiro dos Populares na Deputación, José Manuel Barreiro, xunto co deputado provincial José María González Barcia, quedaron cos veciños afectados en que ían revisar o punto no que se atopa a obra e en levar ó pleno da Deputación a demanda dos veciños de que as obras se acometeran canto antes. Una demanda que se fundamenta no importante tráfico existente nesta estrada xa que por ela circulan os automovilistas que, dende a capital, queren desprazarse ós concellos limítrofes (parte norte Guntín e Palas de Rei e sur de Friol), así como ás parroquias da zona de Meira.
Cumprindo o seu compromiso, o Grupo Provincial Popular presentou unha pregunta sobre este asunto no pleno do pasado día 26 de decembro no que se interesaban pola situación administrativa das obras e cales eran as previsión sobre a súa realización. Daquela o equipo de goberno contestou que o segundo tramo desta estrada, entre o P.K. 1,6 e o 3,3, incluida no POS de 2006 estaba pendente das expropiacións pero que agardaban que a principios de este ano (xaneiro-febreiro), estes trámites estiveran rematados xa que o prazo de execución remataba o 31 de xullo e non había posibilidade de amplialo. Facíase referencia tamén a uns problemas con Patrimonio porque dúas capelas estaban afectadas polas obras.
![]() |
O GPPP, que xa informou hai tempo desta resposta ós veciños, presentou tamén unha moción sobre este mesmo asunto no pleno do día 25 de marzo pasado no que pedía que os proxectos, redactos en maio e xuño de 2007 e correspondentes o segundo e terceiro tramo deste vial, licitáranse durante o presente ejercicio. Unha proposta que foi rexeitada polo PSOE e o BNG, esgrimindo os mesmo argumentos de que non se disponía dos terreos necesarios e os problemas con Patrimonio aínda non se resolveran.
Na xuntanza de hoxe, que tivo lugar no mesón As Searas, tamén estiveron presentes o responsable municipal do PP para a zona rural, Manuel López, e o concelleiro Enrique Rozas.
Os deputados populares explicáronlle os veciños que a Deputación neste tempo non realizou ningunha xestión para solucionar os problemas que poñía Patrimonio á execución desta estrada e que, polo tanto, durante estes meses non se avanzou nada neste asunto.
José Manuel Barreiro compremeteuse a que o Grupo Provincial Popular seguirá a facer un seguemento sobre esta obra e a reiterar ante a Deputación a petición de que se axilice canto antes e dun xeito definitivo o súa execución.