Lugo, a 7 de abril de 2008.- O GPPP lamenta que o responsable comarcal do sindicato UXT Mario Docasar se considere a si mesmo lexitimado para opinar sobre o pago do canon enerxético a Chantada e, pola contra, afirme que o Partido Popular, maioritario no concello de Chantada, na Deputación e tamén na provincia, non o está. Así, ainda que dentro do máis absoluto respeto por esta central sindical e ó traballo por ela desenvolto, dende o grupo provincial popular recálcase que éste é un asunto de estricta índole política.
Os populares móstranse, como sempre o fixeron, favorables a que o pago da débeda se resolva canto antes, aínda que insisten, como xa defenderon no seu día coa presentación dunha enmenda cando este asunto foi levado a pleno polo goberno da Deputación, en que o concello de Chantada ten que ter voz e voto á hora de definir as obras que se van a acometer. E neste contexto consideran que a opinión do Partido Popular, que conta co seis concelleiros, debe tamén terse en consideración.
En calquera caso, o GPPP insiste en que a Deputación non pode ampararse no desencontro xurdido entre os socios de goberno de Chantada para seguir a retrasar a presentación dos orzamentos provinciais porque eso repercutirá negativamente en toda a provincia.
Lembra, asimesmo, que moitos outros concellos da zona sur afectados polos enconos aínda non foron recibidos polo Presidente da Deputación para abordar este asunto e que seguen agardado, de feito, a que de xeito oficial lles resposte á petición formal efectuada por escrito o pasado mes de outubro.