Monforte, a 7 de abril de 2008.- O Presidente Provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva do partido en Monforte que encabeza Dámaso López, na que, entre outros asuntos, valoráronse os resultados acadados nas pasadas eleccións xerais. No encontro participaron, entre outros, a alcaldesa de Sober e diputada nacional Raquel Arias e o voceiro do grupo municipal Manuel Eiriz. Barreiro salientou que o Partido Popular logrou o 9-M unha importe recuperación con respecto ós comicios municipais de maio pasado, ó contabilizar 2.094 votos máis, o que supón, en termos relativos, unha suba do 17,21 por cento. Lembrou, sen embargo, que con respecto ós resultados das xerais de 2004 perderon algo máis de cinco puntos.
O líder dos populares lucenses tamén fixo fincapé no feito de que o BNG, pese a gobernar con maioría absoluta en Monforte e de que Severino Rodríguez concurrira como número 2 na lista do seu partido ó Congreso, perdera máis de 18 puntos o 9 de marzo con respecto ós resultados dos comicios locais.
“Este feito reafirma a miña impresión de que Monforte non é nacionalista polo que dende o Partido Popular debemos esforzarnos por recuperar a confianza dos monfortinos”, asegurou Barreiro. Neste senso, alentou ós populares da cidade do Cabe, “a traballar duro e a intensificar a súa participación como forza maioritaria da oposición. Temos que, dende a responsabilidade que nos otorgaron os veciños e do respeto institucional, fiscalizar o traballo do equipo de goberno. Dende a crítica constructiva, temos que ser capaces de acadar o consenso naqueles asuntos que redunden no beneficio xeral de Monforte e presentar propostas que, neste contexto, tamén acaden o apoio do resto dos grupos políticos que conforman a corporación municipal”.
PARQUE DE BOMBEIROS.- No que atinxe á actualidade municipal, durante o encontro de hoxe valoráronse, entre outros asuntos, a situación na que se atopa o servicios de bombeiros.
Os populares calificaron de denigrante o que está a acontecer con este asunto xa que, segundo salientaron, a seguridade das persoas e a garantía desta seguridade está por riba de calquer outra consideración. As desgraciadas circunstancias que se deron a finais do pasado mes de marzo puxeron de relieve, sen embargo, a desprotección na que, en materia de incendios, se atopan os veciños do concello de Monforte e o pouco que ós responsables municipais lles importa este asunto.
Para o PP a actitude do mandatario local Severino Rodríguez é impresentable. Leva moito tempo amparándose en que Monforte, dado que non chega ós 20.000 habitantes, non ten a obriga de contar cun parque de bombeiros, tentando así desviar a atención hacía outro lado coa equivocada idea de que dese xeito poderá xustificar a súa deixadez e, o que é máis importante, a súa responsabilidade.
O rexidor monfortino parece ter esquecido, segundo lembrou hoxe José Manuel Barreiro, o compromiso acadado pola súa compañeira de partido e de corporación María José Vega cando tomou posesión como vicepresidenta terceira da Deputación de que a comarcalización do parque de bombeiros monfortino sería a primeira en levarse a cabo, así como a resposta dada dende San Marcos hai uns poucos días cando pediu axuda para solventar a falla de material e lle aseguraron que, polo momento, éste non era un problema da Deputación.
Debeu esquecer tamén o seu mutismo cando a administración provincial presentou a bombo e platillo o protocolo de intencións sobre a plan de comarcalización dos parques de bombeiros e no que Monforte, ó igual que Lugo, os únicos concellos da provincia que dispoñen deste servicio, nin sequera se mencionaran. Agora, tras unha reunión sen luces nin taquígrafos co Presidente da Deputación, apúntase á noticia-espectáculo á que tan acostumados nos ten xa o Sr. Besteiro, de ir creando expectación sobre un importante anuncio que se vai a producir esta semana.
Dende o PP, aínda que puntualizando que consideran de vital importancia para o interese xeral a posta en marcha dunha rede provincial de parques de bombeiros e, neste caso concreto, a solución do problema de Monforte, témense que, en realidade, a noticia anunciada non sexa máis que outro acto protocolario no que o alcalde compartirá protagonismo co Sr. Besteiro. Pero ó final, como sempre, pese as súas “urxencias e prioridades”, non se concretará nada, nin prazos, nin orzamentos.
Dende o PP, aínda que puntualizando que consideran de vital importancia para o interese xeral a posta en marcha dunha rede provincial de parques de bombeiros e, neste caso concreto, a solución do problema de Monforte, témense que, en realidade, a noticia anunciada non sexa máis que outro acto protocolario no que o alcalde compartirá protagonismo co Sr. Besteiro. Pero ó final, como sempre, pese as súas “urxencias e prioridades”, non se concretará nada, nin prazos, nin orzamentos.
Para os populares, tras a entrada en vigor da Lei de Emerxencias, solucionado por tanto o conflicto de quén se fará cargo do mantemento do parque, esta cuestión, “se realmente houbera vontade política”, debería estar, senón solventado definitivamente, si, cando menos, encamiñada.
O Presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo Provincial Popular apostou, como medida urxente para compensar esta carencia, que a Deputación provincial asine un convenio co Concello de Monforte no que se comprometa a aportar os cartos que sexan precisos para asegurar que, mentres non se constitúa o parque comarcal, o servicio municipal poida funcionar con total operatividade e garantía. “Trátase, en definitiva, de resolver, de xestionar, e comprometerse cando as circunstancias, como é o caso, así o requiren, e non xogar ós desmarques ou o cambio de discurso segundo conveña”, asegurou Barreiro.
CALENDARIO DE XUNTANZAS.- Co encontro mantido hoxe en Monforte retómase o intenso calendario de xuntanzas que o PP viña desenvolvento por toda a provincia e que, por mor da cita electoral do pasado mes de marzo, paralizáranse. Como xa adiantara José Manuel Barreiro na xunta directiva provincial celebrada o pasado xoves, estos encontros teñen como principais obxectivos unificar a estratexia a seguir polo partido en toda a provincia e fixar as liñas de actuación que permitan ó Partido Popular achegarse o máis posible ó electorado.
Os populares queren, segundo lembrou Barreiro, dar a coñecer as súas propostas á sociedade en xeral pero tamén incorporar as propostas que os propios electores plantexen ó seu programa de actuación nun proceso, segundo dixo, de “enriquecemento mútuo”.
Os populares queren, segundo lembrou Barreiro, dar a coñecer as súas propostas á sociedade en xeral pero tamén incorporar as propostas que os propios electores plantexen ó seu programa de actuación nun proceso, segundo dixo, de “enriquecemento mútuo”.