Lugo, a 5 de abril de 2008.- O Grupo Provincial Popular considera grotesco o que está a acontecer entre os socios de goberno do Concello de Chantada e o tamén bicolor goberno da Deputación sobre o pago do canon enerxético.
O PP, tras lembrar que moitos dos alcaldes afectados polos encoros están aínda agardado dende o outubro pasado que o Presidente da administración provincial se digne contestar a súa petición de reunirse para falar deste asunto, incidiu en que, despois de que o pago desta débeda se vendera como a bandeira dos novos aires que impregnaban o pazo de San Marcos e se santificara a uns mentres se ninguneara a outros (de feito, o voceiro e deputado provincial do Partido Popular Manuel Varela non foi convidado a participar na xuntanza mantida a mediados desta semana no pazo provincial), resulta que non só non se formalizaron os cauces para abrir o proceso da execución do pago, senón que tamén se paralizaron os orzamentos da propia Deputación, que xa de por si acumulaban un retraso considerable.
En resumo, despois do derroche de demagoxia e estampas bucólicas da mellor versión da merenda campestre, segue sen haber nada sustancial. A única novidade sobre a sucesión de acontecementos dos últimos meses, que pasa agora por un episodio oscurantista, e que dende o principio xa era razonable para o Partido Popular, sexa motivo de fricción grave entre as parellas de feito de Concello e Deputación.
O GPPP xa se decantou no seu día, e onde era pertinente facelo ademais, coa presentación dunha enmenda moi clara e concisa ó respecto cando se levou a pleno o pago do canon a Chantada, porque os concellos afectados participaran no detalle das inversións a realizar, pero daquela nin PSOE nin BNG consideraron importante a cuestión. Agora os nacionalistas chantadinos non queren renunciar a coller tallada do reparto do pastel, aínda que sexa a costa da reputación dos seus compañeiros do pazo provincial, e os socialistas a clavar a bandeira no alto do outeiro.
Se esto xa de por si resulta grave, non menos relevancia ten o feito de que, a costa desde desencontro entre socios de goberno, se excuse o retraso das contas para o presente exercicio cando parece inxustificado que un concello paralice ós 66 restantes.
Na opinión do voceiro do grupo provincial popular José Manuel Barreiro, ainda que o tema do canon esté paralizado, a Deputación ten sobrados mecanismos para seguir adiante cos orzamentos. Pode, por exemplo, programar o pago do canon sin consignar unha partida concreta para elo.
Por elo, o GPPP esixe ó goberno da Deputación que zanxe este tema o antes posible, que enmende o seu erro e a súa actitude partidista e arrogante (debe tamén contar coa opinión do grupo municipal do PP de Chantada), e que presente o seu proxecto de orzamentos ó pleno sin máis demora. “Nada impide que se presenten xa as contas da Deputación”, asegura Barreiro.