Partido Popular de Lugo

O PP DE A FONSAGRADA SOLICITARÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA QUE SE ESIXA A CONSTRUCCIÓN DUNHA RESIDENCIA DE ANCIANS

A Fonsagrada, 4 de abril de 2008.-  O Grupo municipal do Partido Popular de A Fonsagrada solicitará a celebración dun pleno extraordinario para que a corporación, de xeito unánime e contundente, esixa á Xunta de Galicia a construcción dunha residencia de anciáns no prazo de tempo máis breve posible, ó considerar que o centro de día anunciado onte pola Xunta non cubriría as necesidades da poboación.

 

Para o voceiro popular, Tobías Martínez, a actitude de socialistas e nacionalistas é inexplicable porque onte no Parlamento galego fixeron oidos xordos a unha xa vella demanda dos veciños do municipio de contar cunha residencia para a terceira idade.

 

“O rechazo da proposición non de lei presentado polo PP, a través da deputada Manuela López Besteiro, para dotar ó Concello do mencionado servicio pon de manifesto que os intengrantes do Goberno galego non teñen ningún interese en favorecer ós fonsagradinos porque a construcción dun xeriátrico é, como reiteradamente vimos dicindo, urxente”, asegura Martínez Cotarelo.

 

Para o voceiro popular, o equipo de goberno municipal ten agora a oportunidade de enmendar a “desfeita” que realizaron os seus compañeiros de partido en Santiago. “Agardamos que a proposta que levaremos ó pleno extraordinario conte co respaldo unánime de toda a corporación porque o que pedimos é de xustiza tendo en conta o alto grado de envellecemento do noso municipio e o feito de que teñamos un altísimo índice de dispersión poboacional xa que contamos con máis de 280 núcleos de poboación”, asegurou.

 

Martínez Cotarelo, básandose precisamente na dispersión e o envellecemento da población do municipio, critica que a Xunta pretenda compensar a súa falta de compromiso coa Fonsagrada no que atinxe á atención á terceira idade, máis se temos en conta que a construcción dunha residencia é unha promesa á que sempre recurren cando hai preto unha cita electoral pero que, á hora da verdade, sempre esquenzan cumplir, dicindo que van a construir un centro de día. 

 

“Dadas as peculiaridades do noso municipio, un centro de día resultaría totalmente inoperativo ou, cando menos, non serviría para cubrir as necesidades de moitos veciños, precisamente porque ese hipotético centro quedaría moi lonxe da súa casa e, como pode entender calquera, a xente maior ten moitas dificultades para desprazarse”, asegurou Tobias Martínez.