Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DE LUGO REFORZARÁ A ESTRUCTURA INTERNA E PROSEGUIRÁ O SEU PROCESO DE RENOVACIÓN

Lugo, a 3 de marzo de 2008.- O Presidente Provincial do Partido Popular de Lugo e senador fixo hoxe durante a súa comparecencia ante a xunta directiva provincial do partido, na que participaron unhas 150 persoas e á que tamén asistiu o Presidente do PPdeG Alberto Núñez, unha análise pormenorizada dos resultados electorais dos comicios xerais do pasado 9 de marzo.

José Manuel Barreiro asegurou que o Partido Popular cumpriu o seu obxectivo de seguir a ser a forza máis votada na provincia e manter a súa cuota de representación en Madrid. Así, o PP conta nas Cortes con cinco representante: tres no Senado (ó cupo máximo ó que podía aspirar) e dous no Congreso. O PSOE, pola súa banda, dispón de tres representantes, dous no Congreso e un no Senado, mentres que o BNG non acadou ningún. “Os resultados falan por si mesmos: 5, 3 e 0”, recalcou o líder popular.

“O PSOE, unha vez máis, perdeu as eleccións na nosa provincia e, polo tanto, non foi capaz de cumprir o seu obxectivo de ser a forza maioritaria. Nós seguimos a sacarlle unha vantaxe de 13.021 votos, o que representa o 5,63 por cento”, engadiu. Lembrou que o Partido Popular gañou no 68 por cento dos concellos de Lugo, salientando o feito de que os populares foron hexemónicos en 46 dos 67 municipios da provincia.

Neste punto, José Manuel Barreiro mostrouse moi optimista coas posibilidades da súa formación política xa que, segundo recalcou, o Partido Popular gañou en 15 concellos nos que non goberna: Begonte, Burela, Castro de Rei, Chantada, Guitiriz, Meira, Mondoñedo, Monforte, A Pastoriza, A Pobra de Brollón, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Riotorto e Triacastela.

Ademais, segundo dixo, comparando as cifras das municipais de 2007 coas xerais do pasado 9 de marzo, o PP mellorou en 25 concellos os seus resultados. Concellos todos eles, recalcou, dun importante peso específico. (Becerreá, Begonte, Burela, Castro de Rei, Castroverde, Foz, Guitiriz, Láncara, Lugo, meira, Monforte, Monterroso, Nogueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Pedrafita, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Samos, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Xove). Esto quere dicir que o Partido Popular, con respecto ós pasados comicios municipais, incrementou nun 3,4 por cento os seus votantes (5.576 votos).

Barreiro salientou asimesmo a necesidade de seguir traballando para que o Partido Popular sexa capaz de recuperar os votos perdidos en comparación coas xerais de 2004, xa que, segundo dixo, o  9 de marzo o PP rebaixou en 4,14 puntos os seus resultados.

SENADO.- No que atinxe exclusivamente ós votos acadados polos candidatos ó Senado, o PP impúxose, a maiores de nos 46 muncipios que gañou no Congreso, en tres máis que son, ademáis, municipios significativos, dado que neles non goberna o Partido Popular, como é o caso de Becerreá, Foz e Viveiro.

 

O feito de que a elección dos candidatos á Camara Alta sexa mediante listas abertas tamén é un dato a ter en conta. De feito, no computo total da provincia, Barreiro sácalle ó único representante socialista, Lago Lage, algo máis de sete puntos, o que equivale a 16.057 votos máis e, polo tanto, incrementa a súa diferencia sobre o representante socialista en algo máis do dous por cento (uns 3.000 votos) respecto da diferencia entre o PP e o PSOE.

No que atinxe a Lugo cidade, a vantaxe de Lago Lage e de menos dun punto, o que representa 479 votos. Unha diferencia sustancialmente menor que a existente entre ambos partidos con respecto ó Congreso, xa que neste aspecto ós socialistas superan ós populares en algo menos de dous puntos (1.165 votos). Se temos en conta a relación histórica de resultados do Senado e o Congreso, José Manuel Barreiro aportou nestes comicios os mellores resultados do Partido Popular na cidade de Lugo dende o ano 1986.

 

COMPARATIVAS.- No que atinxe a Lugo capital, Barreiro resaltou que comparando os resultados das xerais de 2004 e 2008, no Congreso o PP baixou un 0,79 por cento, mentres que no Senado incrementou os resultados nun 2,73 por cento, o que, segundo recoñeceu, “dende o punto de vista persoal é unha importante satisfacción acadar este respaldo na miña vila natal”.

Os resultados acadados na cidade no que respecta á Cámara Alta supoñen un cambio de tendencia con respecto ás anteriores citas electorais. Así, mentres entre as xerais do 2000 e 2004 a perda de votos no Senado situábase por riba do 10 %, o 9 de marzo subiuse preto do 3 por cento.

Neste senso o propio José Manuel Barreiro reiterou a “súa satisfacción persoal” por ser o senador máis votado de toda Galicia co respaldo do 43,86 por cento dos electores.

O Presidente dos populares lucenses incidiu tamén, no que atinxe ós resultados da capitalidade provincial, que relacionando os datos das municipais de 2007 cos do 9 de marzo, os populares acadaron 5.856 votos máis, o que representa unha suba do 6,03 por cento.

Das 112 mesas electorais da cidade das Murallas, o PP impúxose en 47 no que ó Congreso se refire e en 54 se se toma como referencia o escrutinio do Senado.

CALENDARIO DE REUNIÓNS.- O Presidente do PP de Lugo tamén se referiu na súa intervención ó futuro máis próximo da formación política. Neste senso recalcou que é preciso reforzar a estructura interna do partido e proseguir co proceso de renovación iniciado xa o pasado ano para o que levarase a cabo un intenso calendario de xuntanzas coas agrupacións populares en todos os concellos da provincia.

Estas reunións, continuación das realizadas antes da celebración das eleccións xerais, retomaranse, de feito, a partir da vindeira semana con dous obxectivos principais: unificar a estratexia a seguir polo partido en toda a provincia e fixar as liñas de actuación que permitan ó Partido Popular achegarse o máis posible ó electorado. Monforte, Vilalba, Burela e Chantada serán as primeiras localidades onde se celebrarán estes encontros.

O Partido Popular de Lugo quere que a súa actuación, tanto na súa labor de goberno como de oposición, segundo cada caso, sexa sensible á opinión e ás necesidades da cidadanía. Os populares queren, segundo recalcou Barreiro, achegar as súas propostas ás sociedade en xeral pero tamén incorporar as propostas que os propios electores plantexen ó seu programa de actuación nun proceso, segundo dixo, de “enriquecemento mútuo”.

Neste senso, José Manuel Barreiro recalcou que o PP de Lugo redobrará o seu esforzo para aproximarse a sectores de poboación que tradicionalmente non se atopan na órbita política do partido como poden ser, segundo indicou, as mulleres ou os mozos. “Temos que facer un partido máis plural, aberto a todas as sensiblidades, acorde cos tempos. Un partido, en definitiva, totalmente renovado, cunha mensaxe e cun equipo de persoas que sexan o fiel reflexo do contexto no que vivimos”, dixo.