Partido Popular de Lugo

FEIJÓO: “MELLORAMOS OS RESULTADOS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN 2,4 PUNTOS NA PROVINCIA DE LUGO, PERO TEMOS QUE SEGUIR”

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2008. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe, trala celebración da Xunta Directiva provincia de Lugo, que os populares galegos melloraron os resultados das eleccións municipais en 2,4 puntos na provincia de Lugo, pero advirtiu que, temos que seguir mellorando.

 

O líder dos populares galegos, que presidiu a xuntanza, na que, entre outros asuntos, se analizou a evolución do voto nas catro provincias de acordo aos catro últimos encontros electorais, afirmou que despois de gañar as últimas eleccións xerais cunha porcentaxe de voto do 44,5%, o PP de Lugo traballará arreo nas autonómicas.

 

 

7 DE CADA 10 CONCELLOS DE LUGO VOTOU MAIORITARIAMENTE AO PPDEG.- Logo de analizar polo miúdo os resultados das xerais, Feijóo lembrou que o PPdeG foi a lista máis votada no 70% dos concellos lucenses, avantaxando ao PSOE en 3 puntos e ao BNG en 33,73 puntos.

 

 

Para o presidente do PPdeG, estes datos son moi positivos xa que despois de tres anos de estar na oposición en Galicia e de 9 meses de perder a Deputación, o PP na provincia consegue frear a baixada sufrida nas eleccións xerais de 2004 e segue a ser o partido maioritario.