Partido Popular de Lugo

FEIJÓO DESTACA O PAPEL QUE TENDRÁ O PPdeG NO CONGRESO NACIONAL DO PP, SENDO A SEGUNDA DELEGACIÓN AUTONÓMICA CON MAIOR NÚMERO DE COMPROMISARIOS

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2008-. Alberto Núñez Feijóo destacou esta mañá o protagonismo que terá o PPdeG no Congreso Nacional do PP que se celebrará en xuño, e para o que Galicia achegará o segundo maior número de compromisarios, só por detrás de Andalucía.

 

O líder dos populares galegos asegurou que esta é unha mostra de confianza do partido a nivel nacional para con Galicia, sabedores de que o PPdeG ten moito que achegar a esta nova etapa que se está fraguando o PP de España. Feijóo destacou que son varios os membros do PPdeG que contarán con importantes responsabilidades no futuro, e recordou que, ademais de ter un presidente militante do PPdeG, haberá unha política de Pontevedra, Ana Pastor, exercendo de vicepresidenta segunda do Congreso, á vez que o cabeza de lista por Ourense, Celso Delgado, será portavoz adxunto, e estará no Comité de Dirección do Grupo Parlamentario.

 

Iso non fai senón confirmar que o partido a nivel nacional confía no capital humano do PPdeG, feito que queda corroborado coa decisión de Rajoy de confiar ao líder dos populares galegos a ponencia sobre os Estatutos do PP, un encargo no que tamén traballarán Rosa Estarás e Alfonso Fernández Mañueco. O propio Feijóo asegurou sentirse “moi honrado” con esa designación.

 

Sobre a elección de Soraya Sáez de Santamaría e de Pío García Escudeiro como portavoces no Congreso e no Senado, o presidente do PPdeG dixo apoialos totalmente. Ademais, dixo estar totalmente de acordo con todos os pasos que está dando o presidente do PP á hora de renovar equipos, conxugando experiencia coa incorporación de novas caras, e asegurou que os únicos nomeamentos que están levantando polémica son os de Zapatero, que escolleu un candidato a presidir o Congreso que só puido ser elixido en segunda volta e non antes por carecer de apoios.