Partido Popular de Lugo

O GPPP PREGÚNTASE CÁNDO HABERÁ LOCIAS PARA OS GRUPOS POLÍTICOS

Lugo, a 1 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do PP preguntouse hoxe ata onde chega a credibilidade do presidente da Deputación, Gómez Besteiro, xa que a día de hoxe nada se sabe dos locais destinados ós grupos políticos. Para o PP, “Besteiro quedaba mellor se non fixera ningunha promesa, pero agora o mal xa está feito”.

 

O voceiro adxunto, José María González Barcia, afirmou que Besteiro “non é de fiar, porque se é capaz de enganar nun asunto de tan pouca trascendencia coma este, xa podemos imaxinarnos a onde pode chegar”.

 

Barcia lembrou que Besteiro, cando tomou posesión, asegurou que habería locais para os grupos en tres meses; logo, en outubro, dixo que en decembro; “o que non dixo foi de que ano, porque a principios de abril, nove meses despois da súa toma de posesión, ainda nada se sabe ó respecto. Nótase que, coma en moitas outras cousas, os orzamentos, por exemplo, a lentitude preside a actuación do Sr. Besteiro”.

 

O voceiro popular indicou tamén que en dúas ocasións lles fora denegado o uso de instalacións da propia Deputación para facer roldas de prensa, o que considera “un sinal de prepotencia e desprecio ós cidadáns da provincia”.

 

Barcia asegurou que de non mediar resposta, o PP presentará unha iniciativa no pleno de abril para que se marquen prazos e se establezan compromisos “serios e fiables”.