Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE HAI CONCELLOS QUE SEGUEN SEN TER SOLUCIONADO O PROBLEMA DA RECOLLIDA DA BOLSA AMARELA

Lugo, a 29 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do PP afirma que os concellos que a principios de ano tiñan dificultades para recoller os contenedores de bolsa amarela seguen tendo os mesmos problemas, logo da negativa de Ecoenves a facer tal servicio. Puntualizan os populares que a actuación da Deputación neste asunto limitouse ó envío dunha carta.

 

O resultado é que os concellos que quixeron solventar o problema tiveron que apañarse eles mesmos e como poideron mentres que a Deputación, segundo suliñan dende o GPPP, non aportou nada. “Nin solucións, nin axuda, nin cartos. Nada, salvo titulares na prensa”.

 

O voceiro adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, recalcou que o PP presentou unha moción advertindo de tal problema no pleno do mes de novembro pasado e que foi rexeitada polos grupos socialista e nacionalista. Naquel intre, lembra Barcia, Gato Soengas adquiriu o compromiso de solucionar o asunto.

 

“Pois ben, logo de mandar unha carta ós quince días, nada se sabe sobre dos resultados do traballo feito por Gato e pola Deputación. Tampouco nada se sabe se o deputado delegado de Medio Ambiente, se é que o hai e exerce, fixo algunha xestión ó respecto”, explicou o voceiro dos populares.

 

Na opinión de Barcia “esta situación foi unha tomadura de pelo máis ós concellos, e unha demostración da venta habitual de fume que fai Gato, moi amigo da boa dialéctica e das frases altisonantes pero enfrentado co traballo e coa búsqueda de solucións”.

 

“Agora virannos decindo que somos negativos”, engade González Barcia, “que o tempo aportará solucións e que as culpas están no pasado. Pero a realidade é que, mentres tanto, moitos veciños e veciñas desta provincia, pola irresponsabilidade do Sr. Besteiro e do Sr. Gato, teñen o problema do lixo sen resolver. Como non se viu oportunidade de sacar a foto, o asunto quedou aparcado”.