Lugo, a 27 de marzo de 2008.- Unhas 300 persoas daranse cita hoxe no Torre de Núñez nunha xuntanza de confraternidade organizada polo Partido Popular para agradecer o traballo realizado por todos os integrantes da formación política, aínda que poñendo especial énfase nos interventores e apoderados, durante os comicios do pasado 9 de marzo.
No encontro participarán, entre outros cargos do partido, o Presidente Provincial e senador José Manuel Barreiro, así coma o resto dos candidatos populares que resultaron elexidos para representar á provincia de Lugo no Congreso e no Senado durante a vindeira lexislatura: Joaquín García, Raquel Arias, Armando Castosa e Carmen Gueimunde.