Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA A FALLA DE COMPROMISO DA DEPUTACIÓN COS GRUMIR

Lugo, a 27 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular manifestou hoxe que a resposta dada por Besteiro á solicitude de que a Deputación complemente as plantillas e o funcionamento dos GRUMIR da provincia, que foron dúas verbas, “tomo nota”, evidencia a falla de compromiso que hai con este servicio importantísimo para a seguridade e a protección civil dos cidadáns desta provincia.

O voceiro adxunto José María González Barcia manifestou que o número de traballadores a contratar para cubrir plantillas de alomenos doce persoas en cada un dos concellos que van contar con GRUMIR sería de 163 persoas. Tendo en conta que os GRUMIR van estar contratados nove meses, habería que facer un suplemento de tres meses, o que suporía un investimento para a Deputación de menos de medio millón de euros, que para a Deputación, en opinión de Barcia, “é o chocolate do loro”.

 

Barcia lembra que esta solución xa se aplicou no seu día na Deputación da Coruña, sendo o popular Torres Colomer presidente da mesma.

Para González Barcia o problema “é que ó Sr. Besteiro este asunto non lle interesa porque non vende mediáticamente e mentres tanto o BNG mira para outro lado”. “Con estas posturas”, engade o voceiro popular, “a Deputación está a incumlir a Lei de Emerxencias, que o propio PSOE impulsou para implicar ás deputacións, ainda que agora parece que non lles gusta”.