Partido Popular de Lugo

LÓPEZ ABELLA REPROCHA AO DIRECTOR DE DESENVOLVEMENTO RURAL A DISCRIMINACIÓN Á QUE FOI SOMETIDA A COMARCA DE CHANTADA NO PLAN DE INFRAESTRUCTURAS VINÍCOLAS

Santiago, 27 de marzo de 2008.- A deputada popular Susana López Abella reprochou esta tarde no Parlamento ao director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias, a discriminación á que a Xunta vén de someter á comarca de Chantada no reparto de fondos do plan de infraestruturas vitivinícolas, no que este concello tan só vai recibir 212.171 euros a pesar de contar con 420 viticultores.

 

Para López Abella, con esta actitude, o Goberno bipartito está a promover “agravios comparativos clamorosos” entre as distintas comarcas vitivinícolas de Galicia, sen ter en contas as características e o alcance da produción de cada unha delas.

 

 

RESPOSTA LAMENTABLE.- Con todo, para a deputada popular, o máis lamentable da sesión parlamentaria desta tarde foi o anuncio, efectuado polo director xeral, de que a Xunta non ten intención algunha de reconducir o plan para corrixir a desigualdade consagrada no Plan de Infraestruturas Vitivinícolas posto en marcha polo bipartito. A negativa de Edelmiro López Iglesias a corrixir as eivas detectadas converterá a concellos como Chantada en “territorios de terceira categoría” a afectos de desenvolvemento rural.

 

 

López Abella insistiu en que as carencias que volveu poñer de manifesto esta tarde na Cámara son compartidas por sindicatos agrarios e viticultores da comarca.