Partido Popular de Lugo

O GPPP CONSIDERA QUE A DEPUTACIÓN XA DEBERÍA TER APROBADOS OS ORZAMENTOS DE 2008

Lugo, a 26 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do PP considera grave que a Deputación ainda non teña presentados os orzamentos para o presente ano 2008. O PP considera que non só tiñan que estar presentados, senón que tiñan que estar aprobados, o que se debe, segundo o voceiro adxunto, José María González Barcia, ós problemas de reparto dos cartos.

Segundo Barcia, hai tres vectores que tiran en dirección contraria. “Por un lado, o BNG, que quere suficiente marxe de maniobra para que se visualice a súa labor; por outro, Martínez, como rei das taifas de Vías e Obras, e que non se vai conformar con milongas; e por outro, o resto, algúns deles meros músicos de acompañamiento e masa coral, que pouco ou nada van ter que decir ó respecto”.

 

González Barcia lembrou que Besteiro anunciou que en xaneiro ou como moito febreiro estarían os orzamentos aprobados, pero “xa van dous meses, e non hai nin trazas, alomenos que se teña dito públicamente. O que pasa é que a persoa que non deu sacado o PXOM de Lugo en oito anos, malamente pode sacar o presuposto da Deputación en tres meses”.

 

A impresión que se está a dar é que se está ante un bigoberno de xestión, “con poucos proxectos e os que hai medio vacíos”. Esto é así, en opinión de Barcia, “porque non é complicado gobernar unha administración cando o remanente de tesorería non afectado de 2007, que se debe incorporar ó orzamento de 2008, é de 80 millóns de euros. “Evidentemente, a Deputación está en boa situación económica, pero eso non se traduce en actividade, senón ó contrario”, egadiu.

 

Por outra banda, González Barcia lamentou que Besteiro perdera unha boa oportunidade de darlle lustre á Deputación cesando a Roel. Pero o máis importante é que “Besteiro volveu a ser o presidente ausente, porque debería ser el quen defendera a Roel, xa que tamén o defendeu na prensa; e o pleno da Deputación é a representación dos veciños e veciñas da provincia”.

 

Barcia asegurou, con datos na man, que hai máis e sobrados motivos, todos vinculados ás relacións de Roel con persoal do concello de Viveiro, para que este señor non siga, de momento, nin un  minuto máis como deputado delegado de persoal.

 

Barcia citou varios casos: alomenos once despidos que logo foron declarados improcedentes, e que algúns acabaron en readmisións. “Hai unha funcionaria á que se lle adebedan 42.000 euros; un traballador foi acusado de ladrón na prensa; nomeamentos por decreto recurridos por algún sindicato, e persoal de baixa por problemas psicolóxicos. Chegouse a despedir a unha persoa parcialmente cega dun ollo”, explicou.

 

O voceiro adxunto do Grupo Provincial indicou que o PSOE pediu,  en anteriores mandatos da Deputación, reiteradamente o cese de deputados provinciais do PP en situacións similares, “e agora miran para outro lado”.