Partido Popular de Lugo

O GPPP INTERESARASE NO PLENO DE MAÑÁ POLA REDUCCIÓN DOS GRUMIR E OS CONTROIS DE TRÁFICO A CAMIÓNS EN ESTRADAS PROVINCIAIS

Lugo, a 24 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular presentará no pleno que se celebrará mañá na Deputación un rogo sobre a reducción dos postos de traballo dos Grupos Municipais de Intervención Rápida anunciada pola Xunta á FEGAMP.

Os populares solicitan da Deputación que arbitre as medidas económicas o da índole que considere oportuna para manter o mesmo número de persoas que integran ata o momento tales grupos co obxectivo de garantir a cobertura do servicio durante todo o ano, cumprindo así a Lei de Emerxencias de Galicia.

 

O GPPP tamén se interesará no pleno de mañá, ante o feito de que últimamente nalgúns concellos da provincia estanse levando a cabo controis de tráfico sobre o paso de camións por certas estradas do ente provincial, se a Presidencia da Deputación deu algún tipo de instruccións a este respecto. En caso afirmativo, o grupo popular quere saber se a Presidencia ten coñecemento dos efectos que está a causar tal medida e se ten previsto arbitrar algún tipo de medidas para paralizar ou manter tales actuacións.