Partido Popular de Lugo

O GPPP PIDE O CESE DO DELEGADO DE PERSOAL E O ARRANXO DA ESTRADA DO BURGO

Lugo, a 18 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular solicitará ó Presidente da Deputación Provincial que decrete o cese no seu cargo de Delegado Provincial de Persoal ó Deputado Sr. D. Melchor Roel.

 

O Partido Popular argumenta a súa solicitude, para a que presentou a pertinenete moción que será abordada no vindeiro pleno, que o Deputado Provincial Delegado de Persoal, Melchor Roel, é ademais alcalde de Viveiro e este concello está inmerso nun proceso xudicial en cuxa sentencia foi condenado por acoso laboral.

 

Os populares entenden que por este motivo debe ser apartado das súas funcións como Delegado de Persoal no Pazo Provincial ata que a sentencia xudicial non sexa firma.

 

O GPPP tamén presentou outra moción na que instan á Deputación Provincial a realizar os trámites precisos para iniciar, no presente ano 2008, o expediente de licitación da estrada CP 2901 LUGO 232, Burgo-Vilamaior de Negral-Palas de Rei, ata o punto quilométrico 13’00.

 

Os populares lembran que a Deputación propúxose hai uns anos o acondicionamento e ensanche da mencionada estrada e que hai constancia documental na propia Deputación da existencia de dous proxectos elaborados en maio e xuño do pasado ano 2007, que se corresponden co tramo que vai desde o punto quilométrico 6’3 ó 10’00, e que incluso a partires do punto quilométrico 7’8 se prevé a construcción dun sendeiro de tres metros de ancho para os peregrinos.

 

O GPPP quere, segundo explicaron hoxe os seus voceiros José Manuel Barreiro e José María González Barcia en rolda de prensa,  que a administración provincial execute xa estes proxectos.