Lugo, a 11 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegurou hoxe que Roel usou as negociacións cos traballadores dos hospitais de forma totalmente partidista, como quedou demostrado na rolda de prensa do pasado 29 de febreiro.
Por esta razón, o entender dos populares, “o Sr. Roel, que está implicado directamente nun proceso xudicial administrativo por acoso laboral, que se pode convertir en proceso penal, debe deixar temporalmente as súas funcións como deputado delegado de persoal”.
O voceiro adxunto do GPPP afirmou que Roel tén pendientes varios contenciosos administrativos contra a RPT de Viveiro, e tén recurridos os presupostos de 2006, polo que “non debe desviar a atención lanzando sospeitas contra os rivais politicos”.
Barcia asegura que Roel quere “autoxustificarse criticando ós demais, en vez de explicar a súa situación; por eso ataca á maxistrada que dictou a sentencia e usa sen vergoña algunha das gravacións”.
Para o voceiro adxunto do GPPP, “Roel pensa que todos son, coma o ladrón, da súa condición. Pois non, porque o primeiro que hai que facer é acatar as sentencias e non criticalas”.
Barcia indicou asimismo que “Besteiro non pode apoiar absolutamente a unha persoa implicada nun proceso que pode ser constitutivo de delito por acoso laboral, e que os traballadores da Deputación non se merecen ter como deputado delegado de Persoal a Roel, coñecido sobradamente entre os sindicatos, porque non hai peor cuña ca da mesma madeira”.