Partido Popular de Lugo

O PP DE LUGO FAI UN CHAMAMENTO Á UNIDADE E CONDENA O ATENTADO DE ETA

Lugo, 7 de marzo de 2008.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, e o cabeza de lista da provincia ó Congreso, Joaquín García Díez manifestaron, en nome das candidaturas e de  todos os integrantes do Partido Popular de Lugo, a súa máis enérxica repulsa ó atentado que tivo lugar hoxe na localidade de Arrasate, en Mondragón, e que acabou coa vida de Isaías Carrasco.

 

O Partido Popular de Lugo expresa o seu máis sentido pésame á familia da víctima e a súa solidariedade coa familia socialista pola perda dun dos seus militantes e ex concelleiro, a mans da banda terrorista ETA.

 

 

O Partido Popular decidiu, ante este grave feito, suspender todos os actos programados para o día de hoxe, incluído o seu mitin central de peche de campaña que estaba previsto celebrar esta noite en Lugo.

 

O Partido Popular de Lugo manifesta, tal e como vén facendo,  o seu compromiso pola liberdade e a súa repulsa e indignación porque os terroristas quixeron hoxe interferir nas eleccións do vindeiro domingo. Ante estos feitos non cabe máis que facer un chamamento á unidade de todos os demócratas “no que o sentido común e a calma deben marcar á nosa dor como mostra de unidade”.

 

Como xa expresou o Partido Popular de Galicia, o PP de Lugo mostrou o seu apoio e confianza nas forzas e corpos de seguridade do estado para que canto antes deteñan ós responsables deste asesinato e paguen polo que fixeron.

 

O Partido Popular sumarase ós actos de condena e repulsa organizados polas distintas institucións e o goberno durante os próximos días.