Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE LARA MÉNDEZ NON CONTA COA CONFIANZA DO GABINETE DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Burela, 7 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo manifestou hoxe nunha rolda de prensa celebrada en Burela que Lara Méndez non conta coa confianza do Gabinete do Presidente da Deputación.

 

Segundo o PP, “esa desconfianza está recollida en documentos oficiosos do propio Gabinete de Presidencia e son o fiel reflexo do equilibrio de poderes que hai dentro do PSOE na Deputación”.

 

O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular, José María González Barcia, asegurou, no transcurso da rolda de prensa, que o entorno de Besteiro segue “SIN VER A LARA POTENTE PARA MEDIRSE CON BAO”, e o din así, “con mayúsculas”. Ese foi o motivo fundamental polo que Melchor Roel participou na rolda de prensa da Xunta de Goberno do día 28 de febreiro.

 

Para Barcia, esto tén un significado claro: “Lara Méndez está na Deputación para buscar o equilibrio dentro do Partido Socialista, pero as súas funcións non están definidas, porque o propio equipo de Presidencia non cré nela. E o que nos preguntamos é, sinxelamente, se está aí para traballar ou por intereses partidistas do propio PSOE. De feito, Lara Méndez auséntase bastante das xuntas de goberno; tanto é así, que tampouco asisteu á do día 28 de febreiro”.

 

Por outra banda, Barcia asegura que da frase anterior despréndese a desconfianza que hai entre o PSOE e o BNG. O feito de non ver a Lara Méndez “potente” para medirse con Bao, denota desconfianza, e recelo hacia os socios de goberno, “e sabemos que esa desconfianza e ese recelo son mutuos. E por riba, Lara Méndez cobra 60.000 euros anuais, así que se lle supón, alomenos polo que cobra, “potencia” suficiente para medirse con Bao e con quen sexa, aínda que solo sexa para xustificar o que gaña”.

 

Polo tanto, o PP pregúntase cales son as competencias reais de Lara Méndez, e cal é o seu papel auténtico dentro dos esquemas políticos do grupo socialista e do bigoberno; “porque se unha vicepresidenta segunda da Deputación, despois de oito meses, non pode dar unha rolda de prensa, segundo o Gabinete do Presidente, que é compañeiro seu de partido, cabe preguntarse que pinta realmente na Deputacion e tamén cabe preguntarse que é o que podemos agardar os veciños e veciñas desta provincia”. 

González Barcia asegura que “lamentamos profundamente que Lara Méndez non se pronuncie claramente contra do acoso laboral, o que quere decir que ela tamén é capaz de facelo; ademais, a súa defensa a ultranza de Roel só nos fai pensar que algún favor lle debe, xa que non se entende que unha muller que se define como feminista non saia condenando incluso os intentos de acoso laboral. Pero como tivo un bon  profesor en Roberto Alvarez, xa podemos entender que esta señora é capaz de todo”.