Partido Popular de Lugo

O PP NON DESCARTA PEDIR INFORMACIÓN SOBRE PRESUNTAS ANOMALÍAS NOS VOTOS POR CORREO E NA DESIGNACION DE REPRESENTANTES NAS MESAS ELECTORAIS

Lugo, a 6 de marzo de 2008.- O Partido Popular de O Courel pregúntase a razón pola que o alcalde de Folgoso do Courel efectuou reiteradas visitas á oficina de Correos desta localidade para, presuntamente, tramitar documentación relacionada co voto por correo.

 

O Partido Popular non descarta solicitar información nos ámbitos que corresponda sobre a tramitación dos votos por correo levada a cabo no citado municipio.

 

O Partido Popular tamén considera que resulta inusual que a Subdelegación do Goberno en Lugo non acepte a proposta remitida polos concellos sobre os representantes da administración que van a estar presentes nas mesas electorais o vindeiro 9 de mazo.

 

O rechazo da relación das persoas designadas pola administración local non ten,  ó entender dos populares, precedentes, como tampouco o ten o feito de que a Subdelegación designe directamente quenes vas a ser os representantes da administración nas mesas e que os elexidos casualmente sexan persoas vinculadas directamente con responsables do PSOE.

 

Por esta razón, o Partido Popular tampouco descarta solicitar aclaracións ó respecto nas instancias competentes.