Partido Popular de Lugo

O GPPP SOLICITA A BESTEIRO QUE ACLARE SE VAI A SEGUIR CONTANDO CON ROEL COMO DELEGADO DE PERSOAL

Lugo, 6 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular vai solicitar do Presidente da Deputación que aclare se vai seguir contando con Melchor Roel como delegado de persoal ou se vai prescindir del.

Para o Grupo Provincial do PP, a sentencia que condena ó Concello de Viveiro fai referencia de forma continuada ó comportamento de Melchor Roel no seu papel de alcalde. Ademais, a sentencia refñirese a que os dereitos e intereses de Melchor Roel poden verse claramente afectados pola propia sentencia. Polo tanto, non cabe dúbida de que o condenado é Melchor Roel, porque el é, segundo a sentencia, quen practica o acoso laboral xa que é evidente que a institución non practica acoso laboral, e que quen o fai tén que ser o seu máximo responsable.

Para o voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, esta sentencia, ainda que non é firme, obriga ó Presidente da Deputación a facer un pronunciamento público acerca da idoneidade de que Roel continúe como deputado delegado de persoal, ou temporalmente, e mentres non se dicte sentencia firme, deixe as súas funcións.

Barcia estima que as declaracións de Besteiro no día de onte amosando o seu apoio a Roel “son máis propias dun hooligan ca dun responsable político, faltando ó máis elemental respecto ás decisións xudiciais”. É máis, Barcia lembrou que Roel,  Besteiro e Ismael Rego criminalizaron a outros políticos polo mero feito de terse abertos diligencias, como foi o caso de César Aja, “ó que Roel tentou queimar na fogueira”, ou o propio Cacharro coa operación Muralla, “da que ainda non se sabe nada de nada”.

“Por eso mesmo, Roel, Besteiro e Rego deberían estar calados, porque agora sí hai unha sentencia, na que está implicado directamente o propio Roel, e na que pouco menos que se califica a Roel como salteador de camiños”, engade.

Para Barcia, “ningún raposo pode ser o garda das galiñas”, e polo tanto, Roel debe deixar, por dignidade persoal, a Delegacion de Persoal da Deputación en tanto en canto non se dicte sentencia firme.

O voceiro popular “entende perfectamente que Roel actuara así, e que ataque á maxistrada que dictou sentencia: unha persoa que como sindicalista puxo en serio perigo o funcionamento da factoría de Alcoa no ano 1987, cando cegaron os bidóns do Casón, que por certo foron levados para alí co asentemento de Ismael Rego, é capaz de actuar así e de calquera outra maneira, e nin a Deputación nin os seus traballadores se merecen ter un delegado de persoal coma esta persoaxe, máis cercano a Chávez ca a un político do século XXI deste país, e ainda que Roel sexa o máis claro expoñente do que significa o socialismo de Zapatero”.

Por último, Barcia afirma que a propia sentencia deixa entrever a posibilidade de que exista unha trama urbanística en Viveiro; de feito, Roel está imputado por este asunto, e mesmo hai requerimentos da CPTOV da Xunta de Galicia.

Polo tanto, cabe preguntarse, dice o voceiro adxunto, se Rego e Besteiro, “que tanto defenden a Roel”, tamén defenden este asunto. “É mellor que o aclaren públicamente para que o saiba a Sra. conselleira, e que o fagan canto antes, non sexa que Besteiro e Rego queiran ser cómplices o día de mañá dos desaguisados que poida haber en Viveiro”.