Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE ENVIÁRONSE CARTAS ÓS CONCELLOS CON ACORDOS DO PLENO DO DÍA 26 ANTES DA CELEBRACIÓN DA SESIÓN

Lugo, a 6 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do PP manifestou hoxe que o mesmo día 26 de febreiro foron remitidas cartas ós concellos da provincia dando conta de acordos adoptados polo pleno que se celebrou ese mesmo día, xa que constan escritos datados e con rexistro de saída tamén do día 26, asinados polo propio Presidente Besteiro.

 

O Grupo do PP recalca que o rexistro da Deputación pecha ás dúas da tarde, e que o pleno que se celebrou ese día comenzou tres horas máis tarde. Polo tanto, “todos eses escritos son recusables, dado que non é de aplicación ningún acordo, por ser o pleno posterior, e ata cabe afirmar que son ilegais”.

 

Segundo o voceiro do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, “estes escritos representan a catadura moral e política de Besteiro, convertido no novo cacique sonrinte e dicharacheiro do século XXI e expoñente do socialismo de Zapatero, que pasa mesmo por riba dos acordos do pleno da Deputación. Así entenden eles a democracia”.

 

Ante esta situación, González Barcia non dubida en afirmar que Besteiro actúa de forma “claramente vergoñenta”. “Se esto o chega a facer o PP, veríamos a Besteiro e a Martínez salir en pé de guerra. Pois agora hai que decirlles que eles son políticamente uns impresentables, e que actúan cunha falla de respecto total ás institucións”, engadiu.

 

 

González Barcia rematou afirmando que “Besteiro xa perdeu toda a súa credibilidade; só lle queda o sorriso, e cada vez vai tendo menos. Debaixo do sorriso e do bostezo ó que nos tén acostumados, está a figura dun personaxe ó que só lle gusta o exercicio do poder e ó que non lle importan os intereses dos cidadáns desta provincia”.