Partido Popular de Lugo

O 80% DAS AUTOVÍAS E O 40% DO AVE DO PLAN GALICIA CORRESPONDEN Á PROVINCIA DE LUGO E SERÁN PRIORITARIAS NO GOBERNO DE RAJOY

Lugo, 6 de marzo de 2008.- Se o PP forma Goberno, a provincia de Lugo concentrará, o 80% das actuacións previstas no Plan Galicia en materia de autovías e o 40% das liñas de AVE previstas en Galicia. Anunciono este mediodía na cidade das murallas o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

 

 

Acompañado polo ex – ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos, o líder dos populares galegos cuestionou o esquecemento do que foi obxecto a provincia de Lugo na lexislatura agora rematada. Como exemplo dese abandono, recordou que a autovía do Cantábrico entrará en servizo cun retraso de entre 3 e 4 anos (os tramos recentemente adxudicados teñen un prazo de execución de máis de 40 meses), as autovías interiores aínda non foron iniciadas e as liñas de AVE atravesaron un cuadrienio de paralización total, sen que o Executivo definise sequera o trazado das novas vías. “Aos feitos me remito: co PSOE, Lugo non terá AVE”, aseverou Feijóo.

 

 

Pola contra, Feijóo anunciou que con Rajoy na Moncloa, nos cen primeiros días do novo Goberno, o Consello de Ministros aprobará un novo Plan Galicia que permitirá iniciar a totalidade das autovías de enlace de Lugo con Ourense e Santiago ao longo deste mesmo ano, 2008; e a que unirá Chantada con Monforte en 2010.

 

 

TODO PARALIZADO ATA O DE AGORA.- Canto ás comunicacións ferroviarias, Feijóo comprometeuse a que o Fomento inicie en 2009 as obras do AVE Lugo-Ourense, que continúan pendentes de dispoñer de declaración de impacto ambiental desde outubro de 2003, sen que desde entón se teña producido avance algún. Xa en 2011 comezarán os traballos de construción do ave transcantábrico e das liñas Lugo-Coruña e Ponferrada-Monforte. As obras non poderán iniciarse antes porque estes proxectos foron anulados polo Goberno do PSOE, que non efectuou un só trámite administrativo relacionado con estes tres trazados nestes catro anos de lexislatura de Zapatero.

 

 

“A anulación dos AVEs de Lugo e o retraso das autovías revelan que Pepe Blanco ten máis interese por Teruel que pola que dí é a súa provincia”, aseverou Feijóo. Ademáis, o programa electoral do PP contempla iniciar as obras da nova ponte sobre o Miño no ano 2009 e as do corredor Barreiros-San Cibrao en 2010. 

 

 

 

FERROCARRIL CONVENCIONAL.- Feijóo recordou que o programa electoral de Rajoy prevé potenciar o ferrocarril convencional como alternativa viable e económica ao vehículo particular. Para iso, o PP impulsará os servizos de cercanías, suprimirá a totalidade dos pasos a nivel, rehabilitará as estacións abandonadas, fixará horarios máis axustados ás necesidades dos usuarios e  mellorará ao material rodante nas liñas de longa e media distancia. O PP tamén impulsará a participación do ferrocarril no transporte de mercancías, coa entrada de novos operadores e a axilización dos trámites para obter licenzas e certificados de seguridade.

 

Feijóo efectuou un repaso sobre as grandes liñas do programa de infraestrututuras do PP para o conxunto do Estado. Como principal proposta apuntou que o PP dotará a España, no horizonte de 2015, de 8.000 kms de AVE e 15.000 de autovías e autoestradas. Deste xeito, o PP adiantará 5 anos as previsións do PSOE neste ámbito.

 

 

CATRO ANOS PERDIDOS PARA ESPAÑA.- A xestión de Zapatero en infraestruturas resúmese, segundo apuntou Feijóo, en “4 anos perdidos”, xa que, de terse mantido o ritmo investidor dos gobernos do PP, máis de 15.000 kms de autoestradas e autovías e 7.200 kms de AVE estarían finalizadas no horizonte de 2010, pero o Executivo socialista atrasounas dez anos.

Ao seu xuízo, non era necesaria unha nova planificación e menos para atrasar a execución da obras 10 anos, que é o que fixo Zapatero. Os socialistas retrasaron as obras, parando a licitación de novos tramos e deixado de investir no mantemento da rede. Como consecuencia de todo iso, o ritmo investidor caeu do 2,2% do PIB previsto nos Orzamentos Xerais do Estado de 2004 ao 1,58% do PIB rexistrado en 2007. Deixáronse de investir 14.200 millóns de euros, o que supón un ano enteiro de investimento, 340.000 empregos directos na construción e un 0,48% do PIB anual.

 

Ademais, o PP creará a figura do coordinador xeral de seguridade, unha axencia de seguridade viaria, un plan de desconxestionamento de tráfico e destinará máis orzamento ao mantemento e conservación de infraestruturas.

PLAN NACIONAL DE INFRAESTRUCTURAS 2015.- O PP porá en servizo as actuacións previstas antes do 2015, adiantando cinco anos os atrasos de dez do PSOE e, ademais das autovías, autoestradas e AVE, executará os investimentos previstos nos Plans Directores dos Aeroportos de interese xeral e actualizará e desenvolverá os Plans Directores dos Portos do Estado.

Feijóo asegurou que o PP elevará e manterá o investimento do Estado en infraestruturas de transporte por encima do 2% do PIB e eliminará o 100% dos puntos negros. Adaptaranse as barreiras de protección das estradas para garantir a seguridade dos motoristas, dotando presupuestariamente programas para eliminar os gardarraís, introducindo dobres biondas ata a súa substitución total. 

DESCONXESTIÓN DE TRÁFICO E AXUDAS EN ACCIDENTES.- Co fin de reducir os niveis de conxestión, limitar emisións e fomentar o aforro enerxético, o PP redactará un plan de circunvalación e acceso ás grandes cidades; fará un plan de proximidade ferroviarias e integrará o ferrocarril nas grandes cidades. Aprobará unha Lei de garantías dos servizos do transporte que protexa e garanta os intereses dos cidadáns e unha Lei de atención integral en accidentes de tráfico, con tempos de chegada de urxencias menor a 20 minutos e asistencia psicolóxica a vítimas e familiares.

AEROPORTOS E PORTOS.- Feijóo subliñou que se separará aeroportos e navegación área e promoverase a participación das Administracións autonómicas e locais nas decisións de carácter estratéxico, así como a incorporación da iniciativa privada nos aeroportos.

O PP creará a oficina do Defensor do pasaxeiro, impulsará unha Mesa Nacional de Calidade do transporte aéreo, aprobará unha nova lei de aeroportos e actualizará a Lei de navegación aérea. Así mesmo, no marco da Axencia de Xestión de Crise, desenvolveranse programas de urxencias marítimas e loita contra a contaminación, en colaboración coas CC.AA. e as Corporacións Locais e unha Lei de navegación marítima e protección do medio ambiente mariño.

Outras iniciativas serán a posta en marcha dun plan renove para a flota mercante -propondo incentivos fiscais aos investimentos en novos buques e en renovación da flota- e o aumento das bonificacións para residentes en Canarias, Ceuta, Melilla e Baleares. 

CORREOS.- Impulsarase a modernización de Correos, mantendo o seu carácter de servizo universal, garantindo un servizo postal de calidade e en igualdade de condicións para todos os españois, asegurando a universalidade e regularidade, así como a repartición coa mesma tarifa en toda España.

O PP está convencido de que Correos pódese autofinanciar garantindo o emprego estable, coa modernización da rede de oficinas e a automatización dos centros de repartición.