Chantada, 6 de marzo de 2008.- O candidato ó Senado José Manuel Barreiro centrou boa parte da súa intervención no mitin celebrado hoxe en Chantada, no que tamén participaron, entre outros, a candidata ó Congreso Raquel Arias, o voceiro do Grupo Parlamentario Popular Manuel Ruiz, a lembrar as “promesas incumplidas”, sobre todo en materia de infraestructuras, do cabeza de lista do PSOE pola provincia de Lugo. “Chantada, como toda Galicia, viuse perxudicada pola paralización de todos os proxectos que tiña previstos o Partido Popular: a Autovía Lugo-Ourense, a Autovía Chantada-Monforte …”.
“É o peor é que o Sr. José Blanco”, engadiu, “preséntase como o maior defensor de Galicia e da súa provincia, cando, como moi ben dixo Alvarez Cascos esta mañá en Lugo, se os políticos fosen inhabilitados por metir, el estaría condeado a cadea perpetua. Porque o único que fixo estes catro anos foi mentir, hai que decilo moi claramente porque a realidade así o certifica. JOSÉ BLANCO MENTIU E SEGUE A METIR CADA VEZ QUE ABRE A BOCA. Minte, de feito, no panfleto que están a repartir pola provincia no que din que Lugo é a provincia mellor comunidada de todo o Noroeste peninsular e no que marcan no mapa todas estas autovías que aínda non fixeron.”
“Alguén que non cumpriu ningún dos seus compromisos, atrévese a cuestionar que o PP non porá en marcha o Plan Galicia, un plan que parimos nós, é que é o único plan da historia da Democracia que se fixo de xeito específico para a nosa comunidade. E hai outra cousa que é necesario lembrar: os socialistas de José Blanco, nada máis chegar ó Goberno, no seu PEIT (Plan Estratégico de Infraestructuras e Transportes) 2006-2020 poñen de manifesto que todo o que o Goberno do PP planificara para poñer en servicio no umbral do 2010, o Goberno de Zapatero retrásano ata o 2020”, explicou.
“Catro anos do Goberno socialista equivalen a dez anos perdidos”, resumiu o líder popular.
Barreiro preguntouse tamén cómo pode xustificar Blanco que en catro anos estén ainda redactándose os proxectos da autovía Lugo-Ourense, de pouco menos de 70 quilómetros, e a primeira licitación de obra dun tramo de nove quilómetros fose publicada no BOE a semana pasada e con 40 meses de plazo para a súa execución “cando ningún dos tramos da A-6 ó seu paso por Pedrafita, considerada unha das maiores obras de ingeniería de Europa, levou tanto tempo”.
Na súa intervención voltou a citar a intervención de Alvarez Cascos desta mañá en Lugo cando se preguntaba cómo pode xustificar Blanco a xestión do Goberno de Zapatero cando a inversión en infraestructuras baixou máis de medio punto do PIB en catro anos, o que supón que se deixon de invertir en España 15.000 millóns de euros, é dicir, o equivalente a todo un ejercicio presupuestario.
O candidato ó Senado anunciou que “con Rajoy na Moncloa, nos cen primeiros días do novo Goberno, o Consello de Ministros aprobará un novo Plan Galicia que permitirá iniciar a totalidade das autovías de enlace de Lugo con Ourense e Santiago ó longo deste mesmo ano, 2008; e a que unirá Chantada con Monforte en 2010”.
O Partido Popular tamén celebrou hoxe un mitin en A Pobra do Brollón.