Santiago, 5 de marzo de 2008.- O candidato ó Congreso do Partido Popular, lamenta, que unha vez máis o nº 1 do PSOE pola provincia de Lugo non se presentara esta mañá no debate organizado pola TVG “non se atreve a dar a cara e ten que enviar a outra persoa”. Este é o terceiro plantón que o cabeza do PSOE por Lugo da á cidadanía, xa que, durante esta campaña, rexeitou as invitacións para debatir en distintos medios de comunicación lucenses. Agardamos que mañá, de paso que ven a dar un mitin á cidade de Lugo, teña a ben acudir ó debate da televisión local”. Desta non ten excusa.
A García Díez non lle extraña que José Blanco non se atreva a responder da palabra dada na “porque o balanzo destes catro anos do PSOE con Lugo é cero”.
O candidato popular, contestaba esta mañá, a unha das “últimas ocurrencias” do señor José Blanco na que dixo que “se hace más por Lugo estando, donde se decide, que gritando” . A xuizo de García Díez faese máis por Lugo estando nun debate público, constrastando os problemas dos lucenses, e dando unha explicación de porque non foi capaz de cumprir cos compromisos adquiridos sen necesidade de gritar. “Onde hai que estar primeiro é cos lucenses, para enterarse de cales son os seus problemas, hai que estar na provincia pola que un presenta, sino que lo inclúan nas listas de Madrid”.