Partido Popular de Lugo

BARREIRO: «O PARTIDO POPULAR APROBARÁ UN NOVO PLAN LÁCTEO “QUE FAVOREZA ÓS GANDEIROS”

As Nogais, 5 de marzo de 2008.- O sector gandeiro está a sufrir unha crise sen precedentes pola alza dos precios dos cereais e a súa repercusión sobre as forraxes; non se adoptou ningunha medida para compensar a suba dos precios do gasoleo agrícola; a política de incorporación de xóvenes á agricultura non deu case ningún froito; a desaparición da cota láctea en 2015 condenará ós gandeiros a absorber os excedentes comunitarios; a caída dos prezos de venda nos sectores porcino, cunícola, ovino-caprino e vacún provocou a quebrá técnica de centos de explotacións…

“O panorama é complicado, tanto que mañá os gandeiros teñen convocada unha protesta pola baixa do precio da leite”, asegurou a candidata ó Congreso Olga Iglesias no multitudinario mitin celebrado hoxe en As Nogais no que tamén interviñeron o presidente do PP local Jesús Manuel Núñez; o secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro, o voceiro do grupo parlamentario popular Manuel Ruiz e o candidato ó Senado José Manuel Barreiro.

Para o PP está claro que o Goberno do PSOE deulle durante estes catro anos as costas ó sector primario. Razón pola que se precisa dar un cambio de rumbo total ás políticas agroagandeiras.

Ó entender dos populares, segundo explicou o candidato ó Senado José Manuel Barreiro, “é necesario asegurar a competitividade e sostenibilidade das explotacións agrogandeiras”. Un obxectivo que, entre outras medidas, pasa por facer rendible a actividade agraria, renovar a titularidade das explotacións, potenciar o papel da muller, mellorar a formación e optimizar e redimensionar a estructura productivas das explotacións.

As explotacións agrogandeiras deben ter acceso ás novas tecnoloxías, hai que potenciar o cooperativismo, fomentar a investigación e innovación e, sobre todo, defender os intereses dos agricultores e gandeiros na Unión Europoa.

O PP, ademais de crear un Consello Nacional Agrario e do establecemento dun Plan Extratéxico do Cooperativismo Agrario, impulsará, segundo dixo Barreiro, o desenvolvemento dos seguros agrarios e establecerá medidas para paliar as crises que afecten ó sector.

TRES PROPOSTAS CLAVE.- En definitiva, segundo indicou o candidato ó Senado, as propostas clave do Partido Popular son tres: Aprobar un novo Plan Lácteo, que beneficie ó productor e que non estableza as cotas seguindo criterios partidistas; habilitar axudas compensatorias sobre todo no que atinxe á subida dos precios das forraxes e o gasoleo e ó desplome dos prezos da carne en orixe e establecer un Plan Prever que facilite a renovación de toda a maquinaria agrícola.  Barreiro lembrou, ademais, que co Goberno do o PSOE España as axudas de Bruxelas reducíronse á metade. “O agro español pasou de recibir máis 450 millóns de euros a quedarse en 220. Esa é a forma na que negocian en Europa os socialistas”.

“Non se pode viaxar a Bruxelas a pactar cotas, axudas ou a asignación de fondos para o desenvolvemento agrario sen antes chamar a Galicia e preguntar qué necesitan os productores”, engadiu.

O Partido Popular tamén celebrou hoxe otro mitin en Conturiz e unha cea con afiliados e simpatizantes en Pedrafita.