Partido Popular de Lugo

BARREIRO DILLE A BLANCO QUE “OS SOCIALISTAS DESAPROVEITARON O SEU TURNO DE CUMPLIR CON GALICIA”

Lugo, 6 de marzo de 2008.- José Manuel Barreiro califica de “insultante” que o número 1 dos socialistas por Lugo José Blanco dude da credibilidade de Mariano Rajoy á hora de cumplir “íntegramente” o Plan Galicia, e recalca que “quen tivo nun caixón este plan durante catro anos foi o Goberno de Zapatero”.

 

O candidato popular ó Senado lembra que foi o Partido Popular o que “pariu” este plan e asegura que será tamén o Partido Popular “o que o execute a partir do 9 de marzo”.

 

 

“Se o Sr. Blanco tivera interese por defender Galicia, e moi especialmente a súa provincia, tería feito algo do que prometeu hai  catro anos e que agora volve a prometer porque do dito, NADA DE NADA, e, de entrada, cumpliría ó pé da letra o aprobado por unamidade, tamén co voto favorable do Partido Socialista, o acordado no Congreso dos Deputados o día 22 de xuño de 2004”, engadiu.

 

Barreiro lembralle a Blanco, unha a unha, as actuacións comprometidas no Plan Galicia, en infraestructuras e os plazos de execución que afectan á provincia de Lugo:

 

AVE Ourense-Lugo: 2009

 

AVE Corredor Cantábrico: 2012-2014

 

AVE Lugo-A Coruña: 2012-2014

 

AVE Ponferrada-Monforte: 2012-2014

 

Autovía do Cantábrico: 2007-2008

 

Autovía Lugo-Ourense: 2008-2010

 

Autovía Lugo-Santiago: 2008-2010

 

Autovía Chantada-Monforte: 2010

 

“Nada desto está feito e o Partido Socialista tivo catro anos para mostrar, cando menos, a vontade política de cumprir o acordo do Congreso. E non o fixo. Ningunha destas obras está executadas. Só algunhas están iniciadas e, o máis grave, a licitación dalgúns tramos concretouse días antes do comenzo da campaña electoral ou xa iniciada ésta”.

 

Barreiro lembrou algunhas das declaracións feitas polo lider socialista comprometéndose coa execución deste plan: “en marzo de 2004 un xornal de Lugo publicou a toda páxina unha entrevista co daquela, e tamén hoxe, cabeza de lista por Lugo na que aseguraba que “Vamos a incrementar el presupuesto para la financiación del Plan Galicia”.

 

“Días máis tarde, concretamente o 12 de xaneiro de 2005”, engade Barreiro, “a ministra que unhas veces é do Courel e outras de Málaga e que precisamente é ben coñecida pola célebre frase do “plan de mier…”, aseguraba, durante unha visita a Lugo, que “el Gobierno socialista cumplirá el Plan Galicia con más celeridad que el PP”.

 

¿Como agora o Sr. Blanco pode ter tanta cara de poñer en dúbida a palabra de Mariano Rajoy?, pregúntase.

 

O candidato ó Senado tamén fixo referencia a algunhas das “perlas” de José Blanco nos mitines nos que participou en Lugo, “os únicos lugares polos que, por certo, se deixa ver últimamente”, como a “chantaxe” abertamente manifestada en Monforte de que si o PSOE non gobernaba, non habería autovía Ponferrada-Monforte, “pouco digna dun político”, ou a promesa do “pago urgente” das expropiacións dos terreos da A-8, “facendo querer ver, unha vez máis, que a súa palabra vale máis ca de calquer ministro, como se non soubera a estas alturas todo o mundo que a súa palabra non vale nada”.  

 

“Pero o colmo da desfachatez é que o Partido Socialista está a repartir estes días un panfleto no que asegura que Lugo é a provincia mellor comunicada de España e dan por feitas autovías que aínda non existen fora da liña vermella coa que a marcan sobre o papel: Autovía Monforte-Ponferrada, Lugo-Ourense, Lugo-Santiago…  Nun mapa do que, por certo, borraron o tramo estatal do VAC San Ciprián-Barreiros”.