Lugo, a 4 de marzo de 2008.- O candidato ó Senado José Manuel Barreiro, acompañado de concelleiros do grupo municipal popular lucense, presentou hoxe no polígono industrial do CEAO as medidas que o Partido Popular inclúe no seu programa electoral para apoiar ós empresarios e ós autónomos. “Ós populares preocupámonos das pequenas empresas e dos traballadores autónomos, o que non fixo o Goberno socialista, xa que no último ano pecharon as súas portas na provinca de Lugo un total de 1.523 empresas”.
![]() |
Así, segundo explicou, 24.600 empresas lucenses vanse beneficiar da rebaixa de cinco puntos no Imposto de Sociedades. Unha das medidas máis relevantes do paquete de reformas fiscais que persegue incrementar a capacidade competitiva das nosas empresas e impulsar a inversión empresarial. Outro compromiso do Partido Popular é eliminación do Imposto de patrimonio.
O programa popular, no marco desa reducción do Imposto de Sociedades, proporá ás empresas a adopción dun Acordo Nacional sobre Competitividade.
Este gran esforzo xeral esixirá tamén compromisos concretos nos ámbitos da igualdade e conciliación; da formación e a innovación; da inversión en capital productivo; do avance en fórmulas de traballo flexible; da eficiencia e aforro enerxético, así como adoptar, como prioridade básica, o emprego estable para todos os cidadáns.
O PP desenvolverá todo tipo de medidas destinadas a mellorar a protección social dos traballadores autónomos e as súas familias. Así, 42.000 autónomos da provincia obterán ventaxas das novas medidas tributarias, fiscais e de Seguridade Social que establecerá o Goberno de Rajoy. Terán a posibilidade de contratar e dar de alta no réxime xeral da Seguridade Social ós seus fillos, sin límite de idade, e os seus cónxuxes.
Ademais, tanto fillos como cónxuxes, terán dereito ás prestacións por desemprego e estableceranse prestacións por cese de actividade.
O PP tamén contempla introducir as modificacións que resulten necesarias para que os autónomos teñan a posibilidade de acceder á xubilación anticipada.
No primeiro ano de lexislatura, segundo explicou hoxe Barreiro, constituirase o Consello do Traballo Autónomo, así como os Consellos Autonómicos en cada comunidade. Un organismo que se convertirá no interlocutor do Goberno en todas as políticas que afecten a este colectivo e que se encargará de xeito prioritario, entre outras cousas, de establecer unha estratexia de prevención de riscos laborais e de mllora da saúde laboral.
![]() |
O Goberno de Rajoy tamén fomentará a cultura emprendedora e facilitará o inicio de actividades empresariais. Neste senso, daráselle un tratamento preferencial a autónomos e PEMEs nas políticas formativas, sobre todo nos programas de formación continua.
Ademais estableceránse bonficacións nas cotizacións á SS durante dous anos para todas as persoas que se den de alta por primeira vez no réxime de autónomos.
Establecerase, ademais, unha bonificación do 50% nas cotas á Seguridade Social durante os tres primeiros anos de actividade para os menos de 35 anos que se establezan como autónomos e dun 70% no caso de persoas con discapacidade. Tamén se aplicarán descontos do 50% durante o primeiro ano cando o autónomo contrate o seu primeiro traballador.
O PP tamén aprobará unha ley marco da PEME para facilitar a creación, desenvolvemento, e dinamismo na xeración de emprego e fará un Plan de Simplicación do Procedemento Adminitrativo que axilice a xestión; un Sistema Unificado de Creación de Empresas, en colaboración coas CC.AA. e os concellos, co fin de que sexa posible a súa creación en 48 horas, e unha Oficiña de Autónomos en todas as Delegación da Axencia Tributaria.
![]() |
Tamén se impulsará a innovación e a internacionalización das PEMEs para o que, entre outras medidas, adicaranse máis fondos a Línea ICO PEME e ICO Emprendedores; garantizarase a conciliación da vida familiar e laboral dos autónomos e as PEMEs e redactarase a Lei da Economía Social que otorgue un recoñecemento xurídico a esta forma de actividade empresarial.