Lugo, 3 de marzo de 2008.- Os candidatos ó Congreso e o Senado, afirmaron que, nestes catro anos, houbo máis declaracións políticas que axudas económicas en materia social, algo que rematará, co Partido Popular. ‘Faremos efectivos os dereitos dos dependentes, para nós a atención integral destas persoas é un compromiso ineludible” aseguraron, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, logo de visitar, esta mañá, as dependencias de Cogami onde participaron nun encontro con respresentantes e técnicos de distintas asociacións da provincia que traballan con persoas dependentes.
García Díez recalcou a falta de seriedade e de sensibilidade do goberno de Zapatero á hora de desenvolver esta lei “ Aprobaron a Lei de Dependencia sen prever un programa de investimentos”.
“Os máis de 9.300 dependentes lucenses deberían estar cobrando axudas xa, dende hai máis de ano e medio, pero en realidade moitos deles seguen aínda sen recibir a visita dunha persoa que avalíe o seu grao de dependencia”.
Para os populares falar da lei de dependencia e falar de retraso e da falta de financiación. O PSOE prometeu aportar 1.000 millóns de euros para o inicio da Lei e tan só a dotou con 220 millóns de euros. O PP non permitirá que existan dependentes de primeira e de segunda dependendo da comunidade na que vivan.
“O PSOE prefiere gastar fondos en campañas que publiciten a lei en vez de financiar os servizos prioritarios. En Galicia o único que se fixo foi poñer en circulación 4 autobuses (co lema In-Dependencia) que se paga con fondos públicos”.
Pensións.- José Manuel Barreiro fixo unha mención especial ós maiores da provincia “é de xustiza que pensemos neles e que os teñamos en conta, xa que entregaron parte da súa vida a construir e a facer a sociedade na que vivimos”.
O candidato ó senado dixo que a única garantía de que se sostenga un sistema de pensións público é universal é co Partido Popular, “conseguímolo hai dez anos cando os maiores tiñan dificultades para cobrar as súas pensións, cando o goberno socialista non deixou cartos nin para pagar a paga extra do Nadal”.
Os candidatos populares lembraron como tras un periodo de goberno socialista o Partido Popular foi o que saneou a economía e asegurou por lei as pensións grazas á creación do fondo de reserva da Seguridade Social. “Fonte a quebra socialista, nós deixamos 15 mil millóns de euros”, puntualizaron. O Partido Popular garantizou que ano tras ano que as súas pensións subisen como mínimo, tanto como o IPC.
Porque ó Partido Popular lle preocupa este segmento da población e quere que as pensións en Lugo se correspondan co traballo realizado ó longo de tantos anos, por iso, José Manuel Barreiro reiterou o compromiso de Rajoy de que se subirá ós pensionistas 150 euros ao mes ’. Ás viúvas e viúvos tamén se beneficiarán deste medida, “un colectivo no que o PSOE non lle dedicou ni nun minuto, nin unha soa liña no seu programa”.