Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PRESENTOU O SEGUNDO BOLETÍN PROVINCIAL “EN CLAVE POSITIVA” CON MEDIDAS DO SEU PROGRAMA

Lugo, 1 de marzo de 2008.-  O Partido Popular repartirá durante esta semana 100.000 exemplares, deste segundo boletín, impreso en papel 100% reciclado. O boletín  estase a  buzonear nas capitalidades dos 67 concellos da provincia de Lugo.

Durante as últimas semanas, os lucenses xa recibiron o primeiro exemplar de “Lugo Popular” que contiña os principais incumprimientos do PSOE coa provincia de Lugo destacando as promesas que anunciaron en 2004. Tamén se detallaban os graves retrasos que acumulan as infraestructuras pendentes.

Neste segundo número, titulado  “Un galego na Moncloa”, o Partido Popular “en clave positiva” fae un rápido repaso dos compromisos que Rajoy anunciou en temas diversos como: pensións, emprego, economía, vivenda, educación, agricultura e pesca, medio ambiente, inmigración, sanidade…

SOBRAN OS INSULTOS.- O candidato ó Senado, José Manuel Barreiro dixo que “sobran os insultos” e que hai que traballar e “desfondarse nesta última semana” explicando as propostas e medidas que Rajoy defenderá dende o goberno.

Os candidatos ó Congreso, e ó Senado , Joaquín García Díez e  José Manuel Barreiro, chámalles a atención a celeridade coa que respostou o PSOE editando, unha revista propia “Debeulles doer ós socialistas visualizar tan claramente o mapa de incumprimentos en infraestructuras coa provincia, xa que os poucos días da publicación do PP sacaron unha revista, cun deseño “de gráficos parecido” no que se intentaba desmontar a realidade”. Un dos principais  compromisos de Rajoy para os lucenses é a súa promesa de que nos 100 primeros días do seu Goberno, celebrará un Consello de Ministros en Galicia no que porán prazos e orzamentos  para as obras pendentes da nosa terra.

O boletín do PP está ilustrado con fotografías de Rajoy durante as diversas visitas que realizou a Lugo.

O boletín do PP está ilustrado con fotografías de Rajoy durante as diversas visitas que realizou a Lugo.

Este boletín nace con intención de continuar a súa andaina coa idea de manter informados ós lucenses da actualidade política e dos  puntos de vista del PP.

 

O Candidato ó Senado José Manuel Barreiro adicou tamén a xornada do sábado para realizar unha intensa xornada de visitas por varios concellos de Lugo. Así, acompañado de cargos locais, repartiu propaganda electoral na feira de Monterroso, e reuniuse con afiliados e simpatizantes en A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga.