Partido Popular de Lugo

“CO GOBERNO SOCIALISTA, A XUVENTUDE PERDEU”, ASEGURA O PARTIDO POPULAR

Monforte, a 1 de marzo de 2008.- A candidata ó Congreso Raquel Arias, acompañada dos presidentes local e provincial, Ana María Díaz e Antonio Basanta respectivamente, de Novas Xeracións, asegurou hoxe en Monforte que “o 80 por cento das propostas para os xóvenes que José Luis Rodríguez Zapatero levaba no seu programa electoral de 2004 non se cumpriron”.

“Non hai nada do Ministerio de Xuventude que ía crear nin dos dous ordenadores por cada catro alumnos; a temporalidade no emprego xuvenil, que afecta a sete de cada dez mozos, é alarmante e o paro cébase cos máis novos. “O acceso á vivenda é imposible e, por riba, o imposto do canon dixital perxudica especialmente os mozos”, explicou Arias.

Fronte a “tomadura de pelo” dos socialistas, o PP comprométese, segundo explicou a número 2 ó Congreso, a apoiar ós mozos no acceso ó emprego estable mediante a promoción do contrato dual que permita simultanear a formación e o primeiro emprego; fomentar a súa actividade emprendedora e facilitar a creación da súa propia empresa; facilitar o acceso á vivenda; suprimir o canon dixital…

Raquel Arias presentou as liñas básicas do programa popular para a xuventude durante o reparto de dípticos nos que se recollen éstas e outras medidas.

Salientou asimesmo que durante o ano 2006 tiveron que marchar da provincia de Lugo 2.254 mozos e mozas, por falla de traballo e oportunidades. “Non podemos permitir que un só mozo máis da provincia marche por falla de traballo”, sentenció.

As medidas fiscais para os xóvenes que porá en marcha Mariano Rajoy suporán que o 95% dos rapaces galegos menores de 35 anos non pagarán un só euro no IRPF e máis de 175.000 mozas galegas asalariadas disporán de 1.000 € adicionais con deduccións dirixidas a eliminar as desigualdades económicas de xénero.

Resaltou ademais o importante que para a xuventude é contar cunha boa educación en todos os ámbitos. “Unha educación que agora non está a pasar polos seus mellores momentos por culpa do Goberno Socialista que impuxo un sistema no que non se prima o esforzo nin o respeto”, asegurou, ó tempo que expresou a preocupación do seu partido polas últimas enquisas nas que se poñía de manifesto o descenso do uso do preservativo entre os mozos co conseguinte risco de contraer enfermedades de transmisión sexual ou embarazos non desexados. De feito, os integrantes de Novas Xeracións e a propia candidata popular aproveitaron a ocasión para repartir preservativos durante a saída nocturna que realizaron a zona de movida xuvenil monfortina.

Raquel Arias comentou que o PP aprobará o estatuto do deportita para que facilite a compatibilidade da práctica deportiva coa formativa e laboral, no que se fará especial mención á protección dos menores na súa práctica deportiva, ó tempo que se fomentará a celebración de competicións de ámbito nacional e internacional nas comunidades autónomas.

Crearase, ademais, un centro de atención integral ó deportista cunha xanela única e acceso a Internet onde os deportistas contarán con medidas de apoio personalizadas.