Partido Popular de Lugo

BARREIRO ASEGURA QUE O GOBERNO DE RAJOY FARA TODAS AS OBRAS INCLUIDAS NO PLAN GALICIA

Xove-Cervo, 29 de febreiro de 2008.- Os candidato ó Senado José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde, xunto co secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro, entre outros, participaron hoxe en Xove e Cervo en sendos mítines.

O secretario xeral dos populares lucenses criticou que os socialistas en catro anos non foran capaces de adiantar nada no tramo estatal do corredor San Ciprián-Barreiros. “Non hai sequera estudio informativo”, asegurou Balseiro, quen lembrou neste senso que o PP no ano 2004 fixo unha consignación orzamentaria para levar adiante este estudio, deixando para elo a documentación precisa para a súa licitación.

 José Manuel Balseiro calificou de “patético” que os orzamentos xerais do Estado dos últimos anos incluiran partidas mínimas para esta obra que “non chegan para nada” e ilustrou a súa afirmación asegurando que nos orzamentos de 2008 só aparecen consignados 50.000 euros.

Outro dos asuntos abordados por Balseiro foi a paralización do proxecto de construcción dun polígono industrial supramunicipal no entorno de Alcoa  e que afectaría ós concellos de Xove e Cervo. “Era outro máis das obras incluidas no Plan Galicia e que o Goberno Socialista paralizou nada máis chegar á Moncloa”, asegurou-

José Manuel Barreiro pola súa banda preguntouse qué foi da promesa electoral do número 1 dos socialistas José Blanco realizada o 19 de setembro de 2003 de que nos seis primeiros meses do Goberno de Zapatero crearíase a autoridade portuaria de Lugo. E salientou a imperante necesidade de abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de Alcoa.

Outra promesa incumplida dos socialistas xa que no seu Plan Intermodal de Servicios e Infraestructuras do Transporte recollíase a apertura do Porto de San Cibrao ó tráfico. Un compromiso que tiña, ademais, fixado un plazo: no transcurso desta lexislatura. A realidade, pola contra, é ben distinta, deste compromiso, “avalado polo propio Presidente Rodríguez Zapatero e reiterado polo senador Lago Lage en máis dunha ocasión, nada se sabe”.

Barreiro aseguron que se Mariano Rajoy gaña as eleccións o Plan Galicia executarase. “Iniciaranse de inmediato todas as grandes obras públicas do Plan Galicia que o Goberno central mantivo paralizadas nos últimos catro anos”, asegurou.

«Nos 100 primeiros días de Goberno, o Consello de Ministros  tomará as decisións necesarias para que todas as obras pendentes se inicien en 2008”, asegurou.