Lugo, a 29 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular afirmou hoxe que a Deputacion carece de política turística, xa que as respostas dadas por María José Vega no último pleno poden considerarse de todo menos serias e precisas.
O Grupo Provincial do PP considera que o bigoberno perdeu unha boa oportunidade de marcar diferencias claras con respecto á anterior etapa, pero non o fixo; máis ben ó contrario. O voceiro adxunto do Grupo Provincial, José María González Barcia, afirmou que Vega Buján vai continuar a política turística do PP, “que era boa”. Polo tanto, Barcia entende que o bigoberno vai aplicar aquí unha liña continuista.
Con todo, González Barcia botou de menos catro aspectos. Por un lado, Vega Buján non dixo nada sobre o patronato turístico provincial que anunciara Besteiro a bombo e platillo.
En segundo lugar, non explicou cal vai ser o grado de implicación da Deputación dentro do consorcio de turismo da Mariña, que foi impulsado polos concellos e non pola Xunta, en contra do afirmado pola deputada nacionalista.
Terceiro, afirmou que a Riberia Sacra tén moito potencial. Eso xa o sabíamos, pero non dixo que se ía facer no tocante á colaboración coa Deputación de Ourense.
E cuarto, tampouco se clarexou cal será o papel, se é que vai xogar algún, da Deputación na promoción do concello de Lugo.
Por último, o Grupo Provincial do PP considera “meritorio” o plan de tráfico que está pergeñando o deputado Sotuela con Tráfico para traer o novo barco propiedade da Deputación.
Neste senso, González Barcia asegurou que eses plans fanse en cuestión de semanas, e que o traslado é complexo pero non tanto como nos quere facer ver Sotuela. “A este paso sairá máis barato traelo polo río, e ademais se pode aproveitar para facelo navegable en certos tramos”, asegurou.
Barcia cre que non hai seriedade neste tema, como tampouco a houbo para anunciar cando se ían poñer en servicio os barcos xa existentes. Sotuela aludiu ó tempo, pero nos ríos non hai olas nin de tres nin de catro metros, nin grandes temporais. “O que pasa é que non hai ningunha previsión e a culpa xa non é que a leve o PP, e que neste caso xa a leva a meteorología”, engadiu.