Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR CONDENA A AGRESIÓN CONTRA UN AUTOBÚS DA ASOCIACIÓN GALICIA BILINGÜE QUE TIVO LUGAR ESTA NOITE EN LUGO

O Partido Popular expresou a súa máis absoluta condena ós actos vándalicos contra un autobús da Asocición Bilingüe que tiveron lugar esta noite na cidade de Lugo. O Presidente Provincial do PP, e candidato ó senado José Manuel Barreiro considera que esta actuación “contra a liberdade ideolóxica e democrática pon de manifesto a intolerancia de grupos reducidos e aillados de persoas”.

Barreiro considera que actos como o ocorrido esta noite afianzan se cabe máis ainda o traballo dos demócratas que “nos temos que insistir e seguir traballando para evitar que se repitan estas accións”. Barreiro puntualizou que “a lengua debe ser un elemento de comunicación e de unión e non de separación”

O candidato ó Congreso, Joaquín García Díez lamentou que Lugo se sume ós escenarios do vandalismo da intolerancia “hai que condenar sen titubeos e demoras este tipo de actitudes”, puntualizou.