O candidato ó Congreso pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, está a desenvolver unha campaña moi pegada á rúa. O popular explicou como nos repartos nos que está a participar “hai xente que se achega a nós , e che di ¡a ver si gañais¡ , esto non hai quen o aguante”.
O candidato popular cre que a situación “pinta mellor que noutras ocasións. A xente está farta, está cansada e ten medo, do real, de que a situación se complique e que logo non haxa maneira de darlle á volta en moito tempo”.
Esta mañá o candidato aproveitou o reparto de propaganda electoral que levou a cabo, xunto con concelleiros do seu grupo, no barrio da residencia para explicar cal é a sanidade que quere o Partido Popular:
García Díez puntualizou que con Rajoy na Moncloa se “garantizará a cobertura da prestación bucodental da poboación infantil ata os 18 anos e da población adulta a partir dos 65 anos”. O partido Popular tamén pora en marcha o Plan integral do cancro que persigue reducir desigualdades no tratamento e no acceso ós servicios sanitarios. García Díez tamén explicou que o seu partido desenvolverá “o programa nacional de saúde para muller (incluirá entre outros a prevención a osteoporose, menopausia, cancro de cervix, se ampliará ata os 70 anos as mamografías)”.
O candidato ó Congreso subliñou que o Partido Popular aposta por “mellorar o dereito dos pacientes. A sanidade do século XXI debe ser máis personalizada e cercana o paciente. Impulsaremos a segunda opinión médica, ampliaremos a información por Internet, e estimularemos a liberdade de elección do profesional e do centro”. O Partido Popular tamén desenvolverá programas de diagnóse precoz e de educación sanitaria.