Partido Popular de Lugo

BARREIRO ASEGURA QUE OS CHEQUES DO CABEZA DE LISTA DO PSOE POR LUGO ESTÁN SEN FONDOS

 
 

A Pontenova, 27 de febreiro de 2008.- O candidato ó Senado José Manuel Barreiro referiuse no mitin celebrado esta tarde en A Pontenova ás declaracións feitas polo número 1 ó Congreso dos socialistas lucenses José Blanco nas que aseguraba que nos vindeiros catro anos o Goberno de ZP, se gañaba as eleccións, invertirán más de 700 millóns de euros en autovías na provincia de Lugo.

Barreiro ironizou sobre “os cheques en blanco” do cabeza de lista do PSOE en Lugo “que, como o seu apelido, sempre están en blanco. E a proba témola en que tivo catro anos para demostrar a súa vontade de traballar pola súa provincia e o resultado e que estamos igual que no ano 2004: A Mariña segue sen porto comercial, sen autovía do Cantábrico, sen VAC Barreiros-San Cibrao…”

 

“Despois de ningunear a esta provincia durante unha lexislatura”, engadiu José Manuel Barreiro, “agora ten o atrevemento a dicir, en plena campaña electoral, que adicará 700 millóns de euros ás autovías que tiñan que estar feitas e das que aínda non hai posta nin a primeira pedra”. “Sr. Blanco a súa palabra non vale nada para os lucenses xa que nunca a cumpriu”, apostillou.

 

Barreiro lembrou que o Goberno de Zapatero deixou sin invertir na provincia de Lugo en autovías nesta lexislatura 1.043,9 millóns de euros que o Goberno do PP deixara comprometidos: Na autovía do Cantábrico, 458,9 millóns de euros; na autovía Lugo-Santiago, 337 millóns; na autovía de Lugo-Ourense, 248 millóns de euros. “É una desfachatez que agora nos prometa 700 millóns”, engadiu.

O candidato ó Senado tamén se referiu a algunhas das propostas “realistas” incluidas no programa electoral do PP: ‘subiremos 150 euros as pensións e faremos todo o posible por igualar ás da pronvicia de Lugo (que son as máis baixas) coas do resto do Estado; os  que gañan menos de 16.000 euros non terán que facer a declaración; haberá bonificación de ata 1.000 euros para xerar emprego feminino; articularanse medidas para facilitar o acceso á vivenda; e nos 100 primeiros días do Goberno de Rajoy celebrarase en Galicia un Consello de Ministros para fixar prazos e orzamentos para executar as infraestructuras que permitan colocar a Lugo e a Galicia no lugar que lle corresponde”.

No mitin de A Pontenova, ademais de José Manuel Barreiro, interviron a tamén aspirante a Cámara Alta María del Camen Gueimunde e o Secretario Xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro. Éste último fixo referencia no seu discurso “ó caro” que resulta o Goberno municipal de A Pontenova.

 

“É o máis caro de Galicia porque nun municipio que non chega ós 2.000 habitantes hai dúas dedicacións parciais que supoñen para as arcas municipais ó redor de 6.000 euros ó mes”, asegurou. “Un bo soldo, pero nin o alcalde nin o primeiro tenente de alcalde aportaron nada ó municipio. A súa xestión e Zero, con Z de Zapatero”, engadiu.

Antes de participar no mitin, os canidatos populares repartiron pola mañá propaganda electoral na feira e, posteriormente, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación de comerciantes de Ribadeo.