Lugo, 25 de febreiro de 2008.– Os candidatos ó Congreso e ó Senado do PP por Lugo, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro, detallaron hoxe algunhas das propostas en materia medioambiental que se levarán a cabo si Mariano Rajoy chega á Moncloa o vindeiro 9 de marzo.
O programa do Partido Popular en materia medioambiental propón medidas específicas relacionadas co sector do transporte como son: fomentar os vehículos ecolóxicos ou que utilicen biocombustibles, aprobar un Plan de Renovación Ecolóxica de Vehículos para incentivar a eliminación das estradas dos coches contaminantes e modificar o imposto de circulación vinculado en maior medida ás emisións de CO2.
O candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, e o do Senado, José Manuel Barreiro, explicaron que o PP aposta pola creación de novas zonas verdes arboradas nos municipios, tanto nos cascos urbanos como na periferia (cintos verdes) que servirán como pulmóns verdes ás cidades e también como sumidoiros de CO2.
O PP tamén póra en marcha un Programa de reforestación que suporá plantar máis de 500 millón de árbores en toda España na vindeira lexislatura.
No programa de medio ambiente especifícase o establecemento dunha Estratexia Nacional para a utilización de sumidoiros de CO2 que determine e poña en valor todas as formas de almacenaxe e fixación do dióxido de carbono.
Os candidatos populares explicaron distintas propostas dirixidas ós concellos como incentivos fiscais no Imposto sobre bens inmobles dixidos ás vivendas que mellaren nun 50% o seu rendimento enerxético. Tamén se solicitará á Comisión Europea a aplicación do tipo reducido en IVA para os electrodomésticos de maior eficiencia enerxética.
No programa de medio ambiente do Partido Popular hai tamén propostas ligadas ó sector agrícola:
Entre outras cousas favorecerase o desenvolvemento da agroenerxía, potenciando os cultivos enerxéticos e elaborando un Plan para a autonomía enerxética das explotacións agrarias. Tamén se presenta como esencia a necesidade de valorar os montes, promovendo que o conxunto da sociedade contribúa ó financiamento dos gastos de mantemento e conservación.
Establecerase un Plan para apoiar a agricultura e o medio ambiente propugnando medidas para racionalizar o uso de plaguicidas, fertilizantes e maquinaria e se impulsarán prácticas agrícolas sostibles para optimizar a eficiencia no uso de fertilizantes para reducir as emisiones de óxido nitroso.
O Partido popular tamén creará un Fondo para o Patrimonio Natural dotado con 375 millones de euros anuais. Este investimento se centrara en tres áreas:
• Actuacións preventivas contra incendios forestales
• Aproveitamento da biomasa forestal
• Xestión e aproveitamento sostible dos montes co que, a medio prazo se conseguirá evitar os incendios forestais.
Os candidatos ó Congreso e ó Senado, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro, explicaron que se porá en marcha, en colaboración coa Comunidade Autónoma, un plan de actuacións preventivas contra os incendios forestais que persiga, entre outros, tres obxectivos:
– Crear emprego en zonas rurais.
– Conservar os bosques mediante a sua xestión sostible.
– Loitar contra o cambio climático.
CAMBIO CLIMÁTICO.-
Outro dos compromisos do Partido Popular na loita contra o cambio climático é a aprobación dunha lei integral, que será o marco no que se regularán as medidas necesarias para convertirnos nunha economía responsable, sostible e eficiente.
Os populares marcan o ano 2020 como data tope para reducir as emisións nacionais de gases de efecto invernadoiro nun 20%. Ese mesmo prazo é o que poñen riba da mesa para que o 20% da enerxía proveña de enerxías renovables.
PROPAGANDA SOCIALISTA.-
Os candidatos ó Congreso e ó Senado, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro, lamentaron que o Goberno de Zapatero aumentase, nesta lexislatura a dependencia enerxética e que fose incapaz de controlar as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Os populares explicaron que, segundo o observatorio da sostenibilidade de España, os niveis de dióxido de nitrógeno, é decir, a contaminación das cidades españolas, superan os límites permitidos para protección da saúde. Asemesmo un estudio da Fundación laboral do Cemento e Medio ambiente coloca a España de lider en Europa no tocante a vertidos de residuos .
Os candidatos populares opinan que para ZP o cambio climático é unha excusa máis para desenvolver unha política propagandística baleira de contido.