Partido Popular de Lugo

O GPPP PREGUNTARÁ MAÑÁ NO PLENO SOBRE A PROMOCIÓN TURÍSTICA QUE FAI A DEPUTACIÓN DA MARINA E DA RIBEIRA SACRA

Lugo, a 25 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular interesarase mañá no pleno da Deputación por cál vai a ser a colaboración que preste o organismo provincial no promoción turística das comarcas de A Mariña e da Ribeira Sacra, así como do concello de Lugo.

Os populares tamén preguntarán na sesión se durante a vindeira Semana Santa estarán en funcionamento os barcos da ruta dos catamaráns da Ribeira Sacra, dado que nesta época increméntase de xeito notorio neses días a visita de turistas, e cándo e ónde vai entrar en funcionamento o novo barco adquirido pola Deputación para as rutas fluviais.

 

No transcurso da sesión plenaria debatirase asemesmo dúas mocións presentadas polo PP. Unha fai referencia as medidas a adoptar en relación á supresión da tarifa nocturna e a outra centrase na supresión do correo na zona rural.

Para os populares, a supresión da tarifa nocturna do consumo eléctrico é un grave problema que vai afectar a moitas familias lucenses e considera que a Xunta debe minimizar os efectos económicos que vai ter esta medida sobre os consumidores. Entende o GPPP que a Deputacion debe prestar apoio ós concellos que o soliciten, para que éstes á súa vez asesoren ós consumidores á hora de presentar as reclamacións que se estimen oportunas.

Para o PP tampouco é de recibo que se reduza considerablemente o servicio de correos no rural, máis tendo en conta que nesta zona unha amplia porcentaxe da poboación está moi envellecida e a dispersión xeográfica é moi notoria.