Monforte, 24 de febreiro de 2008.- O candidato ó Senado José Manuel Barreiro, a candidata ó Congreso Raquel Arias, xunto cos deputados autonómicos Susana López e Dámaso López e alcaldes e voceiros da comarca de Lemos, mantiveron hoxe en Monforte unha reunión con adegueiros e visitaron as instalacións da asociación Prodeme.
A delegación popular participou a media mañá no salón de actos de APEC en Monforte unha reunión con adegueiros e viticultores da Ribeira Sacra, incluido o Presidente da Denominación de Orixe José Manuel Rodríguez, para coñecer de primeira man os problemas e reto ós que se enfronta o sector, un dos motores socioeconómicos fundamentais nesta comarca.
A OCM do viño é, neste intre, a principal inquedanza dos adegueiros e viticultores da Ribeira Sacra. As perdas que a súa aplicación suporía para o sector estímanse en máis de 13 millóns de euros no que atinxe á depreciación dos dereitos históricos e das fortes inversións que se fixeron estes anos en novas plantacións, ós que habería que engadir o previsible descenso no prezo da uva. Só nesta denominación de orixe veríanse afectados por esta nova situación máis dun cento de adegas e uns 6.000 viticultores. A esto hai que engadir a preocupación polo novo sistema de etiquetaxe, que pode levar a confusión ó consumir entre un viño de mesa e un viño amparado pola denominación de orixe.
Os populares puxeron de manifesto que tamén neste caso o Goberno de Zapatero, en concreto unha ministra galega, non defendeu os intereses de Galicia.
O PP, segundo indicaron hoxe os seus representantes, están dispostos a apoiar a adegueiros e viticultores na defensa dos seus intereses e en establecer medidas compensatorias ós perxuizos que causen este tipo de reformas.
Así, o Partido Popular comprometese a priorizar a adopción de medidas compensatorias para a Ribeira Sacra. Entre elas, axudas para facer fronte ós gastos adicionais xerados polo mantemento da paisaxe cultural e a renda perdida por este concepto; axudas para a incorporación de xóvenes a este sector; axudas para o relevo xeracional e para a reestructuración de viñedos en parcelas pequenas e para mellorar a comercialización, entre outras actuacións relacionados coa protección do medio ambiente.
Os populares creen tamén que o Bloque non defende os intereses deste sector. Ponse de manifesto co plan posto en marcha pola Consellería de Medio Rural xa que, ó entender do PP, é insuficiente e discrimina á Ribeira Sacra con respecto a outras denominacións de orixe como é o caso do Ribeiro. O plantexado para a Ribeira Sacra referirse únicamente a melloras en infraestructuras, esquecéndose, entre outros aspectos, de axudas que incidan directamente na mellora da renda de viticultores e adegueiros.
A delegación popular tamén visitou esta mañá en Monforte as instalacións de Prodeme, entidade adicada á atención de persoas con discapacidade intelectual que conta cun centro ocupacional, centro especial de emprego, un par de residencias, unha delas rural, e apartamentos tutelados.
O seu xerente, Julio Cortiñas, ademáis de explicar pormenorizadamente o sistema e filosofía de traballo, adiantou algúns plans para o futuro como a ampliación do número de vivendas tuteladas.
José Manuel Barreiro e Raquel Arias, tras loubar o traballo que esta asociación desempeña, explicaron que o PP inclúe no seu programa electoral a atención a discapacidade como política prioritaria, entenden que “os poderes públicos teñen a obriga de garantir a súa igualdade e a súa inclusión en tódolos ámbitos da sociedade”.
Entre as propostas do PP, destacaron a incorporación a todas as iniciativas lexislativas que promova o Goberno un informe sobre o seu impacto na igualdade e non discriminación das personas con discapacidade e estableceranse mecanismos de participación e consulta das persoas discapacitadas nos órganos colexiados.
No que atinxe o seu acceso ó emprego, os populares promoverán a formación profesional específica según o tipo de discapacidade; o incremento da contratación dos traballadores con discapacidade nas pymes; aumentarase ata o sete por cento a porcentaxe de reserva para as persoas con discapacidade no emprego público e establecerase unha bonificación inicial do 70% das cotas da Seguridade Social sobre a base de cotización ás persoas con discapacidade que se establezan como autónomos.
A delegación do Partido Popular aproveitou a súa estadía en Monforte para repartir a primeira hora da mañá propaganda electoral na feira.