Viveiro, 24 febreiro de 2008.- O Presidente do PP de Lugo e candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, asegurou hoxe en Viveiro que o “todos xuntos podemos lograr que Mariano Rajoy sexa o Presidente do Goberno”. “É posible gañar as eleccións”, asegurou, “pero eso depende directamente do esforzo de todos e cada un. De facer notar na rúa que o partido está vivo”.
Barreiro insistiu en que o PP ten argumento para convencer ó electorado de que “somos a mellor opción”. “Por unha banda temos as propostas serias e realistas que plantexa o PP, que se enmarcan na súa xestión ó fronte das institucións, e pola outra, a constatación de que o PSOE non cumpre as súas promesas electorais nin cos seus compromisos. A súa credibilidade está en entredito. Non podemos fiarnos da súa palabra”, engadiu
José Manuel Barreiro tamén indiciu en que durante estes catro anos o PSOE “non se preocupou dos problemas que ten a sociedade española, non se preocupou de que á xente lle apreta o bolsillo” e que no programa electoral dos socialistas “non hai nada novo”. “Prometen o que xa prometeron hai catro anos: volven co AVE do Cantábrico, que non existe; volven coa Autoridade Portuaria para Lugo, que non existe, volven ca A8, que ya deixamos nós…” O candidato popular ó Senado dixo ademais que tensar e crispar a campaña é o lema electoral que están a empregar os socialistas. “Deixadeos que berren, eles terán que xustificar a sua actitude, eles son especialistas en berrar pero nós berraremos cos votos o día 9. O día 9 imos encher as furnas de votos de liberdade, de ilusión, de votos de responsabilidade e de votos de compromiso con Lugo”.