Partido Popular de Lugo

A XUNTA RECOÑECE POR ESCRITO QUE SE COMERCIALIZA PEIXE FORÁNEO COMA GALEGO

Santiago, 24 de febreiro de 2008.- O deputado autonómico e voceiro Pesca do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, asegura que a Consellería de Pesca ”non tivo máis remedio” que recoñecer que a Xunta de Galicia creou a marca de calidade “PescadeRías ¿de onde senón?” para diferenciar o produto galego de outras especies foráneas “que moitas veces se venden coma galegas”.

Esta contestación por escrito foi dada polos responsables da Consellería de Pesca a unha pregunta formulada polo parlamentario popular na que se interesaba pola situación da flota galega do Gran Sol e sobre as importacións de peixe foráneo nos canles de comercialización galegos.

Para Balseiro, este recoñecemento da Consellería de Pesca “é o mesmo que recoñecer a súa neglixencia, indolencia e ata apatía en materia de control de mercados, estradas e portos, sobre os que teñen todas as competencias”. Por iso, Balseiro pregunta “¿onde están logo as inspeccións das autoridades competentes –Consellería de Pesca- para evitar que isto ocorra?”.

A afirmación escrita dos responsables da Consellería de que se están a producir irregularidades na venda de peixe de fóra coma si fose galego é, para o voceiro de Pesca do Partido Popular, unha mostra da “inoperancia” do gabinete de Carmen Gallego á hora de asumir as súas responsabilidades “e executar todos os instrumentos dos que dispón a administración para poñer freo á importación e comercialización de peixe foráneo co nome de galego” asegurou Balseiro.

Por outra banda, o parlamentario popular lembra que o pasado verán embarcacións e mariñeiros da cornixa cantábrica xa valoraron a posibilidade de realizar unha folga xeral para denunciar a desigual comercialización do peixe debido á falta de control das importacións de especies coma a pescada, o peixe espada ou o bonito, “reivindicacións que foron secundadas polo noso partido que vimos vimos denunciando reiteradamente diante das Administracións competentes” sinalou Balseiro para engadir que todas as promesas da Secretaría General de Pesca e da Xunta de Galicia de intensificar os controis para atallar este problema quedan agora en evidencia. “Revélase que o que prometeron só era unha cortina de fume para calmar os ánimos do sector, mentres que a realidade amósanos que as cotizacións das especies en primeira venda van á baixa continuamente”.