Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR COMPROMÉTESE EN VILALBA A TRABALLAR POR E PARA OS AGRICULTORES E GANDEIROS

Vilalba, a 23 de febreiro de 2008.- Os candidatos ó Congreso, Joaquín García Díez e Olga Iglesias, e os candidatos ó Senado, José Manuel Barreiro e Armando Castosa, presentaron hoxe en Vilalba o programa do Partido Popular para o sector agrogandeiro no transcurso dun acto ó que asistiu o Presidente fundador do Partido Popular Manuel Fraga Iribarne e cargos locais da comarca da Terra Chá. 

O sector gandeiro está a sufrir unha crise sen precedentes pola alza dos precios dos cereais e a súa repercusión sobre as forraxes; non se adoptou ningunha medida para compensar a suba dos precios do gasoleo agrícola; a política de incorporación de xóvenes á agricultura non deu case ningún froito; a desaparición da cota láctea en 2015 condenará os gandeiros a absorber os excedentes comunitarios; a caída dos prezos de venda nos sectores porcino, cunícola, ovino-caprino e vacún provocou a quebrá técnica de centos de explotacións… 

Ante esta situación, para o PP está claro que o Goberno do PSOE deulle durante estes catro anos as costas ó sector primario. Razón pola que se precisa dar un cambio de rumbo total as políticas agroagandeiras.

 

Ó entender dos populares “hai que traballar cóbado con cóbado cos agricultores e gandeiros para que este sector desplegue todo o seu potencial”.

 

É necesario, segundo apuntaron os candidatos do PP ás vindeiras elección do 9 de marzo, asegurar a competitividade e sostenibilidade das explotacións agrogandeiras. Un obxectivo que, entre outras medidas, pasa por facer rendible a actividade agraria, renovar a titularidade das explotacións, potenciar o papel da muller, mellorar a formación e optimizar e redimensionar a estructura productivas das explotacións.

 

As explotacións agrogandeiras deben ter acceso ás novas tecnoloxías, hai que potenciar o cooperativismo, fomentar a investigación e innovación e, sobre todo, defender os intereses dos agricultores e gandeiros na Unión Europoa.

 

O PP, ademais de crear un Consello Nacional Agrario e do establecemento dun Plan Extratéxico do Cooperativismo Agrario, impulsará, segundo explicaron onte ós seus candidatos, o desenvolvemento dos seguros agrarios e establecerá medidas para paliar as crises que afecten ó sector.

 

Os asistentes ó acto puxeron de manifesto a súa preocupación pola situación na que se atopa este sector dada a relevancia que para a economía da comarca supón.

 

MITIN EN LUGO.- Os candidatos ó Congreso e ó Senado, Joaquín García e José Manuel, remataron nun multitudinario mitin de campaña que se celebro no hotel Torre de Núñez, ó que estaban convocados militantes e simpatizantes da zona rural de Lugo.

 

Joaquín García Díez referiuse á fidelidade do voto ó PP de todas parroquias do municipio. “Hoxe aquí estamos demostrar que é posible. É posible, e cando queremos, podémolo facer e sabémolo facer”, asegurou.

 

José Manuel Barreiro, pola súa banda, asegurou que “o do día nove vamos darlle a este país un xiro, no que deixará de existir tensión, e crispación. Cos vosos votos van deixar de gobernar os que durante catro anos solo se dedicaron a enfrontar a sociedade española”.