Lugo, a 22 de febreiro de 2008.- A educación é prioritaria para o Partido Popular aseguraron hoxe os candidatos ó Congreso Joaquín García e ó Senado José Manuel Barreiro durante a xuntanza mantida no Gran Hotel con preto de 200 profesionais do ámbito educativo, no que tamén participu a deputada autonómica Manuela López Besteiro.
|
“Apostamos por unha educación de calidade na que se premie o mérito e o esforzo dos alumnos e os valores da toleracia e o respeto”, aseguraron.
Os dous candidatos do PP coincidiron en sinalar que “se Rajoy chega á Moncloa a vindeira lexislatura será a da mellora educativa” é recalcaron que “a clave para a competitividade da economía, o benestar e a igualdade de oportunidades é a educación”.
Segundo explicou o candido ó Senado, José Manuel Barreiro, o Goberno de Zapatero o único que fixo foi derramar o sistema educativo, “o fracaso escolar é alarmante e moito máis alarmante é aínda a perda de respecto á autoridade do profesorado. Desgraciadamente o acoso escolar do que son víctimas, tanto alumnos como profesores, é unha consecuencia desta disparatada política educativa”.
Para Barreiro as reformas introducidas polo PSOE, como que os alumnos poidan obter o título de graduado con tres asignaturas suspensas ou que non teñan que repetir curso, só buscan enmascarar un problema moi grave: que a educación en España ocupa os últimos postos dos indicadores internacionais de calidade. De feito, o último informe PISA sitúa ós alumnos españois á cola de Europa nas materias como matemáticas ou lingua. “E é inegable que a LODE está a crear 17 modelos educativos distintos provocando graves desigualdades territoriais”, explicou.
O PP quere que o sistema educativo prepare ós xóvenes para ser competitivos nun entorno cada vez máis global. E eso só se logra cunha educación de calidade na que se garantice o mesmo nivel de coñecemento en todas as comunidades autónomas, na que se prime o dominio dos idiomas e a tecnoloxía e no que se asegure a inserción dos alumnos inmigrantes.
En todos esos cambios, o labor dos profesores é básico. “Os mestres, que sodes os encargados de transmitir o coñecemento ós vosos alumnos e, sobre todo, de inculcarlles valores como a tolerancia e o esforzo como único método para alcanzar metas, tedes que contar co respaldo das institucións e co respeto dos estudantes”.
Pola súa banda, o candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, insistiu en que “os españois teñen dereito a elexir o tipo de educación que queren para os seus fillos. Os poderes públicos teñen a obliga de crear as condicións máis favorables para o exercicio real da libertade de enseñanza”.
García Díez resumiu na súa intervención as propostas educativas do Partido Popular en dúas palabras “máis calidade e máis liberdade”.
Dixo ademais que o PP comprométese a impulsar e poñer en marcha unha Estratexia Nacional para a Mellora da Educación e que impulará un gran pacto de estado para proporcionar ó sistema educativo a estabilidade que garanta a igualdade de oportunidades en todo o territorio nacional.
“As materias instrumentais, como a lingua, as matemáticas e a aprendizaxe do inglés, terán un papel central no proceso formativo en todas as etapas da educación básica, e reforzarase o ensino humanidades que se llevarán a cabo cunha perspectiva universal”, dixo.
Joaquín García tamén anunciou que o PP creará un Fondo para a Cohesión e a Calidade da Educación como instrumento para financiar esta Estratexia Nacional e que impusará un bilingüismo integrador que teña en conta os dereitos dos pais e dos alumnos.
O PP, segundo dixo, garantizará que o sistema educativo proporcione a todos os nenos e xóvenes os conñecementos e as compentecias necesarios para a súa inserción plena na sociedade da información.
“A prioridade é recuperar e fortalecer os valores que resultan imprescindibles para o éxito escolar. O sentido da responsabilidade personal, do esfuerzo e a autoesixencia, a movilización da vontade, a aposta polo coñecemento, o mérito e a mellora personal, a capacidade de sacrificar o presente para invertir no futuro, constitúen elementos que son indispensables para a eficacia do proceso de formación”.
García tamén explicou que o PP reforzará o sistema de becas tendo en conta á renda familiar e o número de fillos, garantizando que estos baremos sexan uniformes para todo o territorio do Estado.
Detallou asemesmo as accións que o Goberno do PP levará a cabo. “A atención ó profesorado convertirase no elemento central das polí ticas de mellora da calidade da educación”. Neste senso subliñou que o PP promoverá políticas de recursos humanos na que se recoñeza, apoie e valore a función docente para que os profesores reciban o trato e o respecto que merecen.